Recordos e boa música de «Kabaret»

La Voz X.M.R. | OURENSE

LEMOS

SANTI M. AMIL

Os arxentinos de Venimos de muy Lejos e os madrileños de Cachivache amosaron o seu espectáculo na MIT Al Suroeste escenificou en Ribadavia os lances e pezas dos autores clásicos

25 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? MIT 03 ofreceu ós espectadores a posibilidade de achegarse ás múltiples formas da expresión artística e teatral: da danza ós clásicos, pasando pola maxia ou os títeres. No auditorio do castelo foi posible disfrutar na noite do xoves dun espectáculo creado pola fusión proposta por artistas arxentinos e españois: Kabaret. Unha función guiada pola actuación dos cantantes Alejandra Perlusky e Omar Calicchio e respaldada polos músicos que os acompañaron no esceario. Esceas de cine mudo dobradas en directo e temas coñecidos de musicais famosos para un espectáculo de diversión, lembranzas e boa música. Como contraste en Cómicos del carro víronse pezas clásicas de Calderón, Cervantes e Bercero representadas na praza.