12 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
Despois da misa de homenaxe ós náufragos, e tamén por primeira vez, a imaxe da Virxe do Carme foi levada en procesión dende a praza do Náufrago de Celeiro pola avenida de Ramón Canosa ata a Residencia Betania -asilo de Viveiro-, acompañada pola Banda do Tercio Norte de Ferrol -que ofreceu un concerto antes da misa- e a Banda Naval de Viveiro. Alí cantouse a Salve Mariñeira. A imaxe pasou a noite na capela do asilo, onde foi velada ata a medianoite polos veciños que o desexaron. Hoxe oficiarase unha misa concelebrada en honor dos mariñeiros e da Virxe do Carme. O coro da Igrexa de Santa María de Viveiro actuará no oficio relixioso, que se le celebrará ás seis e media da tarde na capela do asilo.