A man salvadora do BNG

ELVIRA PALLARES GALLEGO

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

03 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

E DIGO isto pola sorpresa que me causou un titular de prensa que dicía: Sabela Caldas di que o pacto co PSOE significaría a disolución do BNG, e para que isto non lle ocorrera o partido ela mesma decide fundilo. Pola túa parte foi todo un detalle . E seguindo coas sorpresas que máis que sorpresa o que causa en min é indignación cando vexo a familiaridade coa que esta persoa trata a palabra conciencia, si me permites unha suxerencia direiche que con esa señora nunca te levarás ben, o mellor e que a sustitúas por esta outra, traizón, xa que, ó meu entender, é a que vai máis a xogo coa tua personalidade. Respecto da túa persona so hai unha cousa da que estou segura, a tua cabeza non debería estar enriba dos teus ombreiros, o lugar máis axeitado para ela e no mellor laboratorio de investigación sicolóxica. E para rematar queroche da-las gracias por segui-lo consello que che din ainda non hai moito tempo, cando eu mesma che decía: Sabela tes que facer máis vida social porque algunha xente en Sarria non te coñece. Ilusa de min, que neste pobo e salvo raras excepcións non te coñecíamos ninguén. Máis nos pensei que o tomaras tan a peito porque en menos de 24 horas non so te coñece todo Sarria mala sua comarca, senón que conseguiche traspasa las nosas fronteiras. Todo un logro. Recibe as miñas felicitacións .