Traición a Sarria

La Voz

LEMOS

A TRIBUNA XERARDO ALVAREDO | O |

17 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DENDE 1936 non lles fixera falta violentar a vontade popular. O conglomerado de intereses económicos que sustenta a "ideoloxía" e as organizacións da dereita non se vira ameazado en Sarria dende fai 68 anos. Os alcaldes franquistas, do CDS, Coalición Galega, PP ou o último goberno municipal de coalición non fixeran necesaria nengunha intervención extra-democrática. Pero agora o pobo decidiu que en Sarria ía haber un goberno municipal de esquerdas. O alcalde comunista de Sarria en 1936 foi eliminado mediante un golpe de estado que nos sumiu na longa noite de pedra. Nesta ocasión para evitar o acceso á alcaldía de socialistas e nacionalistas non foi necesaria unha intervención militar, foi suficiente a predisposición dunha persoa a traicionar aos seus compañeiros, ao seu partido, aos cidadáns e á democracia. Non houbo sangue, só indignade, da traidora e dos fascistas que non saben acatar a democracia. Qué bonita é a democracia cando os resultados son os que lle interesan á dereita. Cando non é así hai outros recursos: as armas ou o diñeiro. Sr. Fraga permítame que me ría da súa defensa da "teoría da lista máis votada".