Terra adentro A Radio Galega premiou ós alumnos do Divina Pastora por montar unha horta no seu colexio namentres os máis pequenos de Pantón descubriron os encantos da lectura
17 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?nha iniciativa ecolóxica e didáctica do colexio Divina Pastora de Monforte foi a protagonista dun programa da Radio Galega. Quince alumnos de 5º de primaria levan todo o ano coidando dunha horta. Os profesores Luis Conde e Amadora Cruz foron os responsables de que os rapaces se involucraran na creación da súa particular plantación de verduras nun terreo do colexio. A recompensa, ademáis do caldo de repolo que degustaron hai pouco, foi a grabación dunha intervención no programa da Radio Galega, Plis Plas, que será emitida no mes de outubro. Os rapaces recibiron tamén o carné de detective verde co que o programa premia estas actividades de respeto e coñecemento medio ambiental. A biblioteca de Pantón celebrou, na mañá do luns, unha xornada de animación á lectura dirixida ós máis pequenos. Varios profesores e máis o persoal da biblioteca, encargáronse de que os rapaces descubrisen que entre os debuxos e cores tamén existen letras. E que estas letras forman aventuras, historias tristes e alegres, que todos merecen disfrutar. Nunca é cedo se a dita é boa (ou algo así). O clube de patinaxe Anca de Sarria, homenaxeou o pasado sábado ó antigo concellal de deportes, Luis Pardo. A ocasión escollida foi unha exhibición de patinaxe artístico celebrada no pabellón dos institutos e na que participaron algúns dos mellores patinadores galegos. Pardo non continuará exercendo como concellal nesta lexislatura e o clube Anca recoñeceulle a laboura feita nestes catro anos ca entrega dunha placa. Onte inaugurouse o prazo de solicitude de admisión no IES Gregorio Fernández de Sarria e que estará aberto ata o próximo 2 de xullo. Os cursos ós que se pode acceder son os bacharelatos de Tecnoloxía, Humanidades, Música e Adultos. Tamén están dispoñibles os ciclos medios de Comercio, Mecanizado e Instalación Electromecánica e os ciclos superiores de Administración e Mantemento Industrial.