Planos económicos e altares

La Voz

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

Terra adentro A CEL pechou en Monforte as xornadas de presentación do proxecto de dinamización do Igape, mentres en Valdeorras se inauguraba un santo de pizarra

11 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Monforte foi onte a cidade escollida pola Confederación de Empresarios Lucense, CEL, para poñer punto e final ó ciclo de xornadas de presentación do Plano de Dinamización Económica do Igape. Durante dous meses, ditas xornadas percorreron a provincia para informar ós empresarios locais sobre as intencións do Instituto Galego de Promoción Económica. En Monforte o lugar escollido foi o salón de actos da Casa de Cultura, ó cal se achegou o subdirector de Difusión Tecnolóxica e Planos Estratéxicos Empresarias do Igape, Jose Manuel Castro Pérez. Se onte foi o turno dos monfortinos, o luns tocaralle ós empresarios de Sarria. O acto celebrouse no hotel Alfonso IX e foi impartido polo subdirector de Axudas á Innovación, Mellora da Competitividade e Cooperación Empresarial do Igape, Norberto Penedo Rey, e máis pola técnica da oficina territorial do mesmo organismo en Lugo, Cristina Sanz Arias. ?s veciños de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras, teñen un novo santo para os seus altares. Trátase dunha escultura de San Antonio feita dun rachón de pizarra de 300 kilos, o cal foi tallado polo escultor coruñés Pancho Castelo. Un mes de traballo deu como resultado esta imaxe, que mide 72 centímetros de alto e 40 de ancho. Os 2.500 euros que custou foron recadados entre os propios veciños quenes se mostraron entusiasmados co santiño. O pasado domingo foi reseñado nesta sección, o acto de clausura das escolas deportivas que o grupo Breogán mantén con escolares de Taboada, O Saviñao e A Barrela. Non se mencionou, en cambio, a participación das escolas municipais deportivas de Chantada, dirixidas por Ángel Novoa, tamén entrenador dos cadetes do CB Chantada. Estas escolas non están vinculadas ó grupo Breogán e por iso, sirva esta aclaración como recoñecemento do seu labor didáctico e deportivo cos rapaces chantadinos.