En breve prazo, o Consello da Cultura Galega publicará un estudio que a investigadora do Saviñao dedicou ó fenómeno migratorio no seu municipio nativo
03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?atural de Currelos, no Saviñao, a historiadora Rosa López leva anos investigando a emigración. En breve prazo, o Consello da Cultura Galega editará o seu traballo Lembranzas do emigrantes retornados , que recolle un traballo realizado no seu municipio. Rosa López traballa no programa Encontros de TVG, dedicado ó mundo da emigración, e prepara ademais unha tese de doutoramento sobre a diáspora na comarca de Lemos. -Depende moito dos países ós que marcharon e da época en que se foron, aínda que en xeral é moi parecido ó dos emigrantes de tódalas zonas de Galicia catalogadas como rurais. A fin de contas, os núcleos máis importantes da zona, como Monforte, Sarria ou Chantada, non son grandes cidades. -¿Que diferencias houbo entre a emigración europea e a americana? -A principal diferencia estivo no aspecto do choque cultural, porque resultaba bastante máis traumático saír dun municipio rural e ir a un país como Francia, Suíza ou Alemaña, sen coñecer para nada o idioma nin os costumes, que ir a Iberoamérica. Por outro lado, os que marcharon a Europa ían coa idea de traballar como asalariados por un período limitado, aforrar diñeiro e volver á súa terra o máis cedo posible, aínda que despois moitos acabaran por quedarse. Moitos dos que se foron a América, en cambio, xa partían coa idea de asentarse alí de forma permanente e montar os seus negocios. E, a emigración europea mantivo un contacto moito máis estreito con Galicia debido á próximidade xeográfica. -¿Que repercusión pode ter hoxe en día a diáspora sobre a sociedade local? -É de esperar que en breve prazo haxa en toda Galicia unha avalancha de retornados debido ás crises que se están dando en Arxentina, Venezuela e outros países latinoamericanos. É certo que a maioría das persoas que foron a América xa están hoxe bastante maiores, pero tamén hai que contar cos seus fillos e s netos, que se están a mover moitísimo para recuperar a nacionalidade dos pais e avós nos casos en que non a conservan, a fin de vir aquí a tratar de gañarse a vida. Supoño que este movemento terá un efecto importante, pero non sei ata que punto será positivo ou negativo. Unha solución para acoller ás persoas que veñen sen nada pode ser a de darlles facilidades para asentarse nos municipios máis despoboados e montar alí explotacións e negocios. Pode ser que os descendentes dos emigrantes axuden a inverter a caída demográfica que están sufrindo municipios como O Saviñao