DESDE EL ADARVE
13 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O DAS OBRAS todas xuntas e seguidas nestas datas non hai por onde collelo. Tódalas tardes a Fonte do Rei, a avenida de Madrid, a avenida de Ramón Ferreiro e a Ronda das Mercedes se monta un caos circulatorio por culpa das obras que teñen cortado San Roque, Montirón, Armórica e non sei cantas outras rúas. Non se trata dunha postura contraria a todo tipo de obras, que ninguén dubida que son necesarias, pero os que sofren estes atascos non creo que estean moi contentos pola planificación, os horarios dos traballos e pola idoneidade de facelas todas xuntas. Os de ser cidadáns é algo moi sufrido e máis en datas nas que mentres estamos nun atascos circulatorio vemos ós candidatos coa mellor dos sorrisos entregando folletos e dicindo que imos ter nove pontes, catro auditorios, un campus envidiable e como sigamos así ata un aeroporto.