Tras da pegada da represión

CARLOS VÁZQUEZ

LEMOS

A TRIBUNA | O |

02 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

PASAMOS da época onde estabamos a falar de cómo afondar nas liberdades, cómo ser máis tolerantes e facer unha sociedade máis aberta, a outra, esta, onde todo iso é case unha utopía. De debatir cómo ser mellores pais ou profesores ou de qué maneira respectar mellor ó que pensa ou sinte de distinta maneira ca nós, pasamos a desacreditar e insultar ó contrario. Atrás vai quedando a etapa do politicamente correcto e diante temos xa a dos desafíos e represións varias. Algunhas moi sutís, case imperceptibles pola xeneralidade, pero que si perciben, en cambio, os máis afectados. Os casos son distintos e van en aumento. Abondará con dicir algúns: Por exemplo, non debera ser descoñecido as dificultades que sofren os medios de comunicación para entrar nun organismo público (Hospital Xeral, colexios) e recoller as opinións dos usuarios ou funcionarios. ¡Da porta para fóra!, é a orden que reciben. Será por algo. E qué me din deses globos sonda que lanza o goberno para saber cómo reaccionamos. Falo deste último que afectaría ó dereito a manifestarse contra unha guerra como a de Iraq. Os que fixeron fotos das de Lugo, que as garden.