Considera necesario tomar medidas para que Lei do Solo non cause prexuízos Os socialistasqueren que o Concello estudieas repercusión da nova normativa
29 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? ? Concello do Paradela, segundo o PSOE, debería tomar unha serie de medidas para paliar a situación de «desconcerto» e que ó seu parecer está provocando a Lei do Solo entre os veciños e para previr os posibles prexuízos que esta podería causarlles. Unha das iniciativas que reclaman os socialistas consistiría en realizar un estudio técnico da nova lei a fin de coñecer os aspectos que non son aplicables neste municipio e esixir aclaracións a Política Territorial sobre os que ofrezan dúbidas. Por outro lado, o PSOE pide a creación dun rexistro municipal no que se incluirían tódalas explotacions agrícolas existentes antes da entrada en vigor da Lei do Solo contra as que non se incoasen expedientes de reposición de legalidade por non ter licencia urbanística, a fin de proceder á súa legalización. Asimesmo, os socialistas creen que sería preciso organizar unha campaña informativa en tódalas parroquias no municipio para explicar en detalle ós veciños o contido da mencionada lei. En opinión do PSOE, nesta campaña deberían participar tódolos grupos políticos da corporación.