«Confiamos en poder obter un diputado provincial polo partido xudicial de Monforet. Pensamos que tamén temos posibilidade de sacar algún na zona centro, e posiblemente tamén en Chantada»«Celestino Torres é un dos personaxes políticos máis coherentes e honestos da provincia"«En Lugo falta preparación política. É necesario reactivar a vida política dos concellos e poñer neles a xente que non estea permanentemente á espera do que diga o líder do partido de turno» «Se o Partido Popular non rectifica e segue sendo tan pouco dialogante como o foi ata o de agora seranos máis complicado pactar con eles» «A única maneira de facer un partido político en Galicia que queira ser serio é facelo dende os concellos e as comarcas» ? seu logotipo será un ourizo de castaña, de semellanza lonxana coa piña de Coalición galega. E non semella casual, porque moitos dos seus fundadores reivindican a herencia coaga . Iniciativa Galega aspira a implantarse na maior parte da provincia e a presentar candidaturas en moitos concellos, sobre todo do sur e do centro de Lugo. Anxo Rodríguez exerce como coordenador mentres non se celebre o congreso fundacional do partido, e insiste en reclamara para él e os seus unha diferencia fundamental co resto do panorama político galego: «Nós traballamos dende a base e respectamos de verdade a autonomía dos concellos». -¿Como nace Iniciativa Galega? -Nacemos da base. A única maneira de facer un partido político en Galicia que queira ser serio é facelo dende os concellos e as comarcas. Así podémonos achegar ó cidadán e propoñer iniciativas que lle resulten atraíntes. -Insisten moito no concepto da base. -É que hai que entender ben o principio da autonomía dos concellos que nós defendemos. Non todos os concellos son iguais, nin teñen as mesmas necesidades. Cómpre recuperar con políticas pensadas dende a base todo o que a política estatal está esnaquizando en Galicia. -¿Defínense como nacionalistas? -En Iniciativa Galega conviven sensibilidades distintas. Hai quen cré no nacionalismo moderado e tamén outros que cren simplemente nun proxecto galego e serio. -¿E con quen pactarían chegado a caso de ter que facelo? -Iso haino que ver despois das eleccións municipais. Pero, por principio, o que nós defendemos é que se goberne defendendo ó cidadán. Iso suporá posiblemente que nalgúns sitios poidamos pactar coa esquerda e noutros coa dereita. Pero, evidentemente, se o Partido Popular non rectifica e segue sendo tan pouco dialogante como o foi ata o de agora, entón seranos máis complicado pactar con eles. Podemos pactar con todos, pero co PP será máis difícil. Teña en conta que esa negativa ó diálogo é precisamente o que produce a ruptura co PP dalgunhas das personas que hoxe están connosco na nosa plataforma política. -Precisamente por esas incorporacións de xentes antes relacionadas co PP poden ter problemas para diferenciarse deste partido. -Non o creo. Trátase de casos aillados. En todo caso, a xente procedente do PP que se está incorporando a Iniciativa Galega é xente loitadora polo seu pobo que se se ten por máis moderada do que está demostrando ser ese partido. Son xente que se decidiron a dar o paso de deixar o PP porque chegaron ó convencemento de que as cousas non poder seguir como están. -¿Haberá directrices comúns para todos os seus concelleiros? -En Iniciativa Galega haberá liberdade de decisión a nivel local. Ese é un dos principios básicos de Iniciativa Galega, e todos estamos dacordo en respectalo escrupulosamente. Ninguén líder político nin entidade provincial poderán decidir sobre os intereses propios dese concello. Aínda que haberá unha serie de liñas que poderán coincidir a nivel supramunicipal e que serán válidas para todos, claro está. -A orixe dispar dos seus afiliados pode facelos caír en incoherencias. -Bueno, hai que lembrar que cando se fundou o que entón era Alianza Popular alí acabou moita xente que antes estaba na UCD. En Iniciativa Galega hau xente cansa da política do Partido Popular e esa xente ten que ter dereito a poder participar nun proexecto que eles cren que é o máis conveniente para Galicia. Porque se hai algo que nos une neste proxecto é precisamente que é un proxecto galego que se afasta dos proxectos estatatais do PP e do PSOE. E, por suposto, tamén se afasta do Bloque Nacionalista Galego, porque nós cremos que o partido debe estar máis centrado, máis moderado e non soster esas políticas que ás veces xeran crispación social. -¿Nacen coa mesma forza coa que naceu Coalición Galega no seu momento? -Coalición Galega foi un producto da desmembración da UCD. Cando UCD desapareceu, houbo unha serie de xente que apostou en Galicia por un proxecto coas mesmas bases e coas estructuras vellas da UCD, que era un partido centralista. E, persoalmente, penso que iso foi o que causou esa desfeita política na que rematou Coalición Galega. -¿Pero cren que parten con perspectivas electorais semellantes á Coalición Galega dos primeiros tempos? -As nosas perspectivas pasan hoxendía por acadar uns resultados semellantes, se non mellores, ós de Coalición Galega no seu momento. Co matiz de que hoxe partimos da base dos concellos como proxecto máis serio.