Martín Alemparte, xerente de Asociación Río Lor Martín Alemparte, natural de Sober e residente en Quiroga, sustituíu recentemente a Alfonso Oltra ó ser nomeado xerente da Asociación Río Lor. A súa toma de posesión do cargo coincide cunha época de transición en que este grupo de municipios, despois de aplicar o plano Leader II, se dispón a iniciar a xestión do Leader Plus. A pesar do retraso que se está producindo na entrega dos fondos procedentes da Unión Europea, Martín Alemparte cre que a asociación podería comezar a tramitar en breve prazo as solicitudes de financiamento para os proxectos que aspiren a acollerse a este proxecto comunitario de desenvolvemento.
13 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O economista Martín Alemparte incorporouse á xerencia da Asociación Río Lor despois de ter traballado no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en diversas empresas privadas. ¿¿Cando poderán presentar as súas solicitudes os aspirantes ás axudas do Leader Plus nos municipios de Río Lor? --É moi difícil dar unha data, porque xa se anunciou varias veces que faltaba pouco para abrir o prazo e aínda seguimos á espera. Sen embargo, as solicitudes poderían empezar a tramitarse nun prazo moi breve, antes de que se nos bote encima o verán e o período vacacional da Administración. Iso é o que cremos e esperamos, pero dependerá da marcha que leve o proceso burocrático. ¿¿En que estado se encontran os trámites? ¿Como a Unión Europa tardará algún tempo en empezar a distribuír os fondos do Leader Plus, arbitrouse unha fórmula transitoria para tramitar canto antes os proxectos de maior interese. Agora estamos a enviar toda a documentación necesaria á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), da que depende este proceso. Galicia será a primeira comunidade española onde se aplique esta fórmula, polo que cabe esperar que a tramitación se axilice bastante. Pero tamén hai que ter en conta que hai dezaséis grupos locais que están á espera de recibir estes fondos. ¿¿Xa hai moitos aspirantes a presentar solicitudes de financiamento? ¿Aínda non podemos recibir oficialmente ningún proxecto, pero xa houbo moita xente que se puxo en contacto connosco para falarnos dos seus planos. Hai proxectos para crear casas de turismo rural, empresas de agroindustria e artesanía e bastantes cousas máis. ¿¿Cantos planos de cooperación con outras comunidades ten previsto emprender Río Lor nesta nova etapa? ¿Un dos que temos en carteira é o proxecto Menhir, una iniciativa de aproveitamento turístico do patrimonio histórico. Este plano foi creado en Italia e involucrará a varios países europeos. Tamén tempos previsto participar no proxecto Castanea, no que cooperarán España, Portugal e Italia e que pretende fomentar a creación de industrias de aproveitamento da castaña.