PERIGO

La Voz

LEMOS

CARLOS CORTÉS CONTRAPUNTO

28 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O incendio de onte destapou as carencias dos servicios de emerxencias de Chantada. Quedou claro que cos medios existentes non dan actuado con eficacia nun suceso mínimamente complicado. En Chantada hai -teno Protección Civil- un equipo de respiración con fume, pero ninguén ten a preparación que cómpre para usalo en situacións de risco. ¿Que tería pasado onte se a moi limitada plantilla do corpo de bombeiros de Monforte estivese ocupada noutra emerxencia no concello que a financia?