TRIBUNA PÚBLICA
09 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A poboación da Comarca de Lemos sofre unha sangría imparable dende hai anos. Por unha banda está o envellecemento; por outra, os vellos quedan desamparados porque a xeneración que os segue sofre unha continua diáspora. Durante a década dos 50-70 a xente marchou. Nos 90 volvemos a sufrir a rémora en dúas formas, inmigración ou paro. Pero esto para nós non é algo inevitable, senón que ven dado pola ineficacia e falta de iniciativas dos gobernos conservadores da Xunta, da Deputación Provincial e dos gobernos municipais de dereitas. A situación agropecuaria da comarca, estancada dende hai anos, foi rematada pola crise das vacas tolas. O primeiro que fixo Aznar á chegada ó Goberno foi paralizar os investimentos pendentes no regadío do Val de Lemos. Mentres, segue o abandono a monte das terras. A concentración parcelaría ¿que foi dela? Innovacións a medias A industria non tivo o empuxe necesario para o arraigo polo atraso que sofre o desenrrolo das infraestructuras viarias (estradas cos conceptos dos 70 e ferrocarril rematado a principios do século XX que así permanece), das telecomunicacións (exténdese o telefóno ó medio rural no século de Internet), ou das enerxías (sen conducción á rede de gaseoducto e o Mega por rematar). A formación das persoas basease na repetición de cursiños subsidiados, máis na liña da antiga Sección Feminina que nos tempos en que vivimos. ¿Cáles son as nosas aportacións? Primeiro, debemos provocar un arraigo da poboación creando xacementos de emprego estable. Non se pode olvidar unha reestructuración do agro coa oferta de terreo, e provocar a un tempo que as empresas establecidas queden na zona e que incrementen a súa presencia aumentando a competitividade ao facilitarlle os medios técnicos e de persoal con formación específica. As infraestructuras non se poden parchear agora cun terceiro carril na N-120, compre unha autovía coa meseta e prolongala de Monforte a Santiago. Non vale prometer a volta do despacho de mercadurías con outro nome, se non aparece diñeiro que supoña a entrada e saída real da velocidade alta na estación de Monforte. Seguimos a soñar coa distribución de mercadurías a remotos puntos cando perto da casa temos carencias para chegar a Castro Caldelas, para facer turismo á Fraga de Rogueira, e para ir a Lugo pola C-546 sen xogar a vida dun e dos peatóns das vilas que se atravesan. Queremos que os responsables dos institutos e os do empresariado deste zona se comprometan para a realización conxunta de actividades de formación que poidan provocar un beneficio mutuo. Que a xente poida saír do pozo do paro e os empresarios conten co persoal apropiado. Nesa liña, deberíamos intentar un Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra. Hai que ofrecer horarios apropiados ós visitantes, monumentos e rotas accesibles, e unha oferta hosteleira conxunta da zona. Ovidio Pérez Reñones, es candidato del PSOE por Lugo al Parlamento gallego.