BUZÓN DEL LECTOR
10 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.¿A favor de quén vota o alcalde? Como chantadinos danos vergonza comprobar como Manuel Varela ergue a man en contra dos intereses de Chantada. O pasado día 30 de abril, cando o BNG demandaba en Lugo a necesidade de incluír nos orzamentos da Deputación as cantidades do canon que ten reclamado, Varela optou por votar en contra e compracer a Cacharro. Cando se podía amosar defensor e representante leal dos seus veciños, preferiu non facer o ridículo ante os seus compañeiros pero si ridiculizarse diante dos chantadinos. Cando conviña que a Deputación simplemente obedecese as sentencias que deron a razón a Chantada, decidiu respaldar os argumentos do presidente, insolentes e irrespetuosos cos tribunais. ¿De qué vale o voto do alcalde se non é para defender ós máis de mil millóns que debe a Deputación?. Varela alegou con necidade que tanto ten votar dun xeito como doutro, pero sempre se decidiu por apoiar o que indicaba Cacharro. Xa participou na decisión de recorrer ante os tribunais os criterios de aplicación da sentencia. É a falsa razón que se aduce para non investir os millóns do canon. Quizáis non aprendeu que foron os chantadinos quen o puxeron de alcalde, a eles se debe desde o seu posto. Danos vergonza un alcalde coma este. Hai pouco víamos como endeudaba ilegalmente ó concello con 270 millóns en gastos clientelistas e improductivos. O que non sabe ser alcalde debe dimitir. Carlos F. Varela, portavoz do BNG en Chantada.