O que debes saber da doazón de sangue

Comezamos o panel de hoxe non só fixándonos nos temas máis debatidos sobre a doazón de sangue no referente á organización das campañas, senón tamén seleccionando especialmente aqueles temas que son de maior interese para os alumnos, o seu coñecemento e as súas actitudes ante un feito tan importante no que todos estamos implicados, uns pola posibilidade de doazón e outros, a maioría, pola necesidade urxente que supoñen as transfusións de sangue en momentos críticos de saúde, que todos podemos padecer.

As doazóns de sangue dos galegos acadan a recomendación da OMS
As doazóns de sangue dos galegos acadan a recomendación da OMS
chuchogarrido@icloud.com

 

O sangue é indispensable para vivir. O seu papel é tan esencial que a diminución do seu volume ou a alteración dalgunha das súas funcións poden pór en perigo a supervivencia do organismo; é dicir, o sangue é sinónimo de vida porque non existe vida sen ela. A doazón de sangue, xesto xeneroso e desinteresado, é neste momento a única forma de salvar a vida ou recuperar a saúde para calquera persoa que sufra un déficit de compoñentes sanguíneos.

Le a seguinte información introdutoria para entender non só un pouco máis cada un dos seis temas, senón tamén as súas ligazóns principais: goo.gl/uzhN4p

Galicia logra no 2016 máis de 111.200  doazóns de sangue

Padrón é o concello que ano tras ano consegue unha maior taxa de doazóns, superando o centenar por cada mil habitantes. Os galegos realizaron no ano 2016 un total de 111.276 doazóns de sangue, unha cifra coa que a comunidade alcanza as recomendacións da OMS -entre 40 e 60 extraccións por mil habitantes-, como fixo nos últimos dezasete anos. Por provincias, A Coruña e Pontevedra alcanzan esta recomendación, e Lugo e Ourense non. Por concellos chama a atención o caso de Padrón, que ano tras ano se converte no municipio cunha maior taxa de doazóns, superando o centenar por mil habitantes. (Segue a noticia na web; La Voz, 25/5/2017).

  • ACTIVIDADES: O perfil do doante en Galicia é o dun home que vive nun concello de máis de cinco mil habitantes e de mediana idade. ¿Coñeces a alguén que doara sangue algunha vez?
  • Ao ser os grupos sanguíneos maioritarios na poboación A positivo e 0 positivo, ambos concentran o 72,6 % das doazóns. ¿Que significa A positivo, 0 positivo? ¿Existen máis clasificacións?

Escolares de Ribeira participan nun  plan piloto para fomentar a doazón  de sangue

O municipio ribeirense foi escollido pola Axencia Galega de Doazón de Sangue para impulsar unha experiencia piloto encamiñada a fomentar a doazón de sangue. A iniciativa enmárcase na campaña Mensaxeiros Solidarios e ten por obxecto sensibilizar á poboación sobre a importancia de colaborar nesta acción solidaria. A intención é que xa desde pequenos os rapaces sexan conscientes de que a achega de sangue salvo vidas. (Segue a noticia na web; La Voz, 1/2/2017).

  • ACTIVIDADES: Para que a cifra continúe crecendo e cada vez sexan máis, repartiranse entre os escolares 1.100 exemplares dun conto dos Bolechas titulado «Papá Bolechas doa sangue».
  • Que publicades no teu colexio?

O TEST DA OMS

Canto sabes sobre a doazón de sangue?

  • Podo doar sangue a calquera idade.
    • Verdadeiro
    • Falso
  • Se doo sangre corro o risco de adquirir enfermidades transmitidas polo sangue, como a infección polo VIH ou a hepatite B ou C.
    • Verdadeiro
    • Falso
  • O volume de sangue extraído en cada doazón é de:
    • 450 mililitros
    • 1 litro
    • 5 litros
  • Con que frecuencia podo doar sangue?
    • Cada 4 meses
    • Unha vez ao ano
    • Cada 2 anos
  • Antes de doar sangue debo:
    • Comer o habitual
    • Beber moitos líquidos
    • Non beber nin comer
  • A picada da agulla para sacarme sangue será moi dolorosa:
    • Verdadeiro
    • Falso
  • As doazóns máis seguras son as que proceden de:
    • Doantes voluntarios non remunerados
    • Doantes familiares ou achegados
    • Doantes remunerados

 

  • Nesta dirección atoparás o test e as respostas correctas: goo.gl/xDUVxp

 

 

 

 

 

 

n Podo doar sangue a calquera idade.

r Verdadeiro

r Falso

n Se doo sangre corro o risco de adquirir enfermidades transmitidas polo sangue, como a infección polo VIH ou a hepatite B ou C.

r Verdadeiro

r Falso

n O volume de sangue extraído en cada doazón é de:

r 450 mililitros

r 1 litro

r 5 litros

n ¿Con que frecuencia podo doar sangue?

r Cada 4 meses

r Unha vez ao ano

r Cada 2 anos

n Antes de doar sangue debo:

r Comer o habitual

r Beber moitos líquidos

r Non beber nin comer

n A picada da agulla para sacarme sangue será moi dolorosa:

r Verdadeiro

r Falso

n As doazóns máis seguras son as que proceden de:

r Doantes voluntarios non remunerados

r Doantes familiares ou achegados

r Doantes remunerados

n Nesta dirección atoparás o test e as respostas correctas: goo.gl/xDUVxp

O TEST DA OMS

Canto sabes sobre a doazón de sangue?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O que debes saber da doazón de sangue