Auga e seca

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

O baixo nivel do río Miño na contorna da Portomarín deixa á vista os restos de antigos caneiros
O baixo nivel do río Miño na contorna da Portomarín deixa á vista os restos de antigos caneiros ALBERTO LÓPEZ

É o tema do día, do mes, do ano. ¡Quen o diría! A noticia é que non chove en Galicia, tal como pasaba antes. Encoros baleiros, castros e cidades mergullados, nubes... son as claves deste panel, que recolle hoxe, entre tantas, noticias recentes. Como sempre, basta colocar o título ou palabras clave na lupa que está á esquerda da páxina web de La Voz de Galicia. E, ademais de ler os moi interesantes textos completos da noticia, que aquí só se suxire, proponse unha actividade, breve, pero posible. ¡E leva paraugas!, todo pode suceder.

25 ene 2017 . Actualizado a las 10:49 h.

1. ENCOROS

Os encoros da área de Vigo manteñen os niveis máis altos de Galicia 

A presa de Baíña está ao 92,87 % da súa capacidade. Nada que ver co nivel que tiña hai menos dun lustro, antes da súa ampliación e mellora, cando os veciños de Baiona tíñanse que apertar o cinto para non acabar co 30 % que conservaba. O encoro de Eiras ten o nivel de ocupación habitual para esta época do ano e sitúase no 80,83 %.

Dentro das cidades galegas só Ferrol está por diante, con dous puntos máis que Eiras (82 %), mentres que o nivel de Pontillón de Castro, que fornece a Pontevedra, alcanza o 71,92 % e o de Cecebre (A Coruña) é do 58 %. Outras cidades, como Santiago, Lugo e Ourense (esta última en épocas de seca) abastécense directamente do ríoº (La Voz de Galicia, 17/1/2017).

  •  ACTIVIDADES: Ler o texto enteiro da noticia e localizar en Internet a situación xeográfica, capacidade de cada encoro, áreas de servizo, fotos.

2. CIDADES MERGULLADAS

A seca ten, a pesar de todo, os seus detalles máxicos 

Viuse estes días en Portomarín. ¿Por que nos fascinan as cidades mergulladas? Talvez porque hai algo atávico no desexo de vivir baixo a auga. En Galicia, sobre todo, a cidade asolagada, a cidade mergullada, é un clásico. Facendo un censo apresurado, sáenme máis de 70 destas cidades imaxinarias en lagos, lagoas ou á beira do mar, moitas delas chamadas Valverde ou Lucerna e case todas alagadas como castigo pola maldade dos seus habitantes. Houbo unha Gomorra en Corcubión. A mítica Beira afundiuse na lagoa de Cospeito. A Antioquía de Antela (La Voz de Galicia, 14/1/2017).

  •  ACTIVIDADE: Non cabe dúbida de que, neste caso, o importante é a carencia de auga; pero o artigo de Miguel-Anxo Murado ofrece unha serie de datos de tipo histórico das cidades moi interesantes e a polémica que xurdiu entre a súa historia e o servizo que presta cada pantano.

 3. O CASTRO AFUNDIDO

Decenas de visitantes aproveitaron o fin de semana para pisar Castro Candaz 

O lugar de Castro Candaz é unha pequena península situada en territorio chantadino, pero moi preto do límite co municipio de Taboada, que quedou mergullada hai máis de 50 anos polo encoro de Belesar. Desde entón, só queda á vista nos meses de máis estiaxe e poucas veces o nivel chega a baixar tanto como para que se poida pasar andando. Foi un poboado na época castrexa, unha fortaleza na Idade Media e posteriormente quedou cuberto de viñedos en bancais (La Voz de Galicia, 15/1/2017).

  •  ACTIVIDADES: O poder excelente da fotografía e o vídeo. ¡Espectacular! Telo nesta dirección abreviada: goo.gl/I5RSfk

 

4. NUBES

Como auga de choiva 

Cando o aire se satura de humidade, a evaporación detense e fórmanse as pingas, que se converten en nubes. O aire está sempre húmido, incluso aínda que non chova. Isto é porque contén vapor de auga non visible. Só o 1 % da auga do planeta atópase na atmosfera en forma de vapor. Con todo, o vapor de auga que se atopa na atmosfera ten unha gran influencia no clima do planeta. De feito, é a presenza de auga o que distingue a troposfera, a capa máis baixa da atmosfera, do resto da atmosfera (La Voz de la Escuela, 18/1/2017).

 

  • ACTIVIDADES: Excelente suxestión, cos mellores datos, para saír ao aire libre e, cámara en man, tomar datos sobre nubes, seguindo os puntuais indicativos que presenta esta excelente páxina que publicou La Voz de la Escuela.

 

> CONSEJOS VIAQUA

Bendita sea el agua 

El agua es un bien muy preciado, pero escaso. La demanda mundial de agua dulce no ha dejado de crecer y la previsión es que siga en aumento. Sin embargo, los recursos son limitados y hemos de conservar su cantidad y calidad para las generaciones futuras. Los consejos que nos recuerda Viaqua, en su compromiso con el uso sostenible de este recurso, se pueden poner en práctica en la vida diaria:

  • Cambia el baño por la ducha. Llenar una bañera media requiere mucha más agua que darse una ducha rápida.
  • ¿Tu ducha dura más tiempo que tu canción favorita? Acorta las duchas, ahorra agua.
  • Dejar correr el agua es tirarla por el desagüe, así que cierra el grifo cuando te cepilles los dientes. ¡Lo mismo ocurre con el afeitado, chicos!
  • ¿Tu inodoro es más inteligente de lo que piensas? El mecanismo de descarga rápida del sistema de doble descarga utiliza un 70 % menos de agua que uno estándar.
  • ¿Está el agua demasiado caliente como para tocarla? ¿Siempre estás añadiendo agua fría? Baja la temperatura y así también ahorrarás energía.
  •  ¿Se ofendería tu ropa si te la volvieses a poner? Los jerséis y los pantalones pueden ponerse dos veces fácilmente y también te durarán más si los lavas menos.
  •  ¿Te gusta el agua tanto como tu toalla? Utiliza tu toalla más de una vez, ya que, cuando te secas después de la ducha, estás limpio y no la manchas.
  •  Conviértete en un defensor del agua. Participa en las actividades de limpieza de playas locales y ayuda a enseñar a otros a proteger el agua.

> PARA SABER MÁS

n http://www.viaqua-sa.es/es