¡Ti podes!

Ana T. Jack

ESCUELA

DAVITY DAVE

Cinco regras para conseguir a colaboración dos fillos

14 abr 2015 . Actualizado a las 21:24 h.

Iván está tombado na cama escoitando música e enviando mensaxes a través do teléfono móbil. A pesar de que son as 6 da tarde, a cama está aínda sen facer. Sobre a mesa de estudo hai unha montaña de roupa (limpa e sucia, toda mesturada), que repousa xunto a un bol con restos de leite con cereais. Normalmente a habitación está ordenada (diso encárgase a súa resignada nai), pero os seus pais explicáronlle onte que a partir de agora el íase responsabilizar de ter o seu cuarto arranxado. Por algo tiña xa 14 anos. Pero el, comodamente tombado na súa cama, sorrise e pensa: «Ha! A ver quen aguanta máis, eles ou eu... Por min, coma se isto se converte nun vertedoiro...». Parece que o pulso o vai a gañar el. A súa nai está a piques de entrar pola porta e gritar desesperada: «¿Así que aínda non recolliches a túa habitación? Moi ben, señorito, pois que saibas que quedas sen saír o que queda de ano». Isto dío mentres recolle a roupa e leva os restos da merenda, mentres o pillo de Iván reláxase aínda máis: «Menos mal que se levou a lavar o meu suadoira favorito, por un momento pensei que non o ía ter para a festa do sábado».

Conseguir que os fillos colaboren en casa non é misión imposible. Pero hai que empezar a esixirllo desde os primeiros anos de vida (¡non aos 14!) e hai que pór empeño en conseguir este obxectivo educativo. Se un está convencido de que compartir as tarefas familiares é algo valioso (para o desenvolvemento dos fillos e para a convivencia familiar), é máis fácil levalo á práctica.

Estas son cinco regulas básicas:

1. Proporse de verdade implicarse na tarefa de ensinarlles a realizar as tarefas domésticas. Isto supón ser perseverante no tempo (non vale de nada ensinarlle un día a recoller os seus xoguetes se imos acabar facendo nós esa tarefa por acabar antes). E ter paciencia.

2. Explicarlles o valor de compartir os labores de casa. Os nenos ás veces pensan que se lles toca facer algo é porque lles castigamos ou lles queremos amolar. É necesario deixarlles claro que o xusto para todos os membros da familia é repartir as responsabilidades, evitando que recaia todo o peso sobre un. É tamén unha boa oportunidade para ensinarlles a pórse no lugar do outro e a apreciar valores relacionados coa convivencia, o traballo en equipo e a solidariedade.

3. Axudarlles a confiar en si mesmos. Ás veces somos os adultos os que acabamos desanimando tentativas con expresións do tipo: «Anda, deixa iso que che vas a facer dano», «Déixame a min, que estás a tirar por fóra todo o leite», ou «Aínda es pequeno para facer iso». E logo queixámonos de que non asumen responsabilidades... Hai que valorar sempre o seu esforzo e interese en facer as cousas, aínda que non saian como nos gustaría: «Xa vexo que te esforzaches moito» ou «Que ben que te duchaches ti só, logo ensínoche a pasar a fregona» son frases que axudan a desenvolver a confianza neles mesmos.

4. Ensinarlles a realizar as tarefas de forma clara e explicadas cunha linguaxe positiva. Isto leva o seu tempo e esixe grandes doses de paciencia. Ao principio son inexpertos, descoidados e olvidadizos, e hai que estar encima para que cumpran. O que necesitan é moita práctica.

5. Deixarlles espazo (e tempo) para que desenvolvan o seu sentido da responsabilidade. Non se pode angustiar aos nenos lembrándolles constantemente o que teñen que facer ou corrixíndoos todo o tempo. Iso só lles xera ansiedade e tensión na relación cos seus pais. Aprender a asumir o sentido da responsabilidade supón deixarlles que tomen as súas propias decisións e asuman as súas consecuencias naturais («¿Deixaches toda a roupa sen recoller? Pois cha pos engurrada») ou acordadas («Se ti non cumpres, nós tampouco. Esta semana te quedas sen a paga»).

Asumir as consecuencias

Todas as condutas teñen consecuencias: positivas ou negativas. Esa é a razón pola que ditas condutas repítense ou se extinguen. Se un neno ou adolescente que non cumpre coas súas tarefas non obtén consecuencias negativas, loxicamente seguirá sen facelas: ¡é máis cómodo!

O seguinte cadro plasma algúns exemplos:

TAREFAS ACORDADAS, conscecuencia positiva se cumpro

Vestirme só: Eu elixo a roupa que me poño

Facer a miña cama: Durmirei nunha cama ben feita

Recoller os xoguetes: Teño os meus xoguetes ordenados e atopo o que busco

Poñer a roupa sucia na cesta da coada: Lavarase

Poñer a mesa: Elixo o que quero de sobremesa

Baixar o lixo cada noite roldándome coa miña irmá: Ao subir me como un bombón

TAREFAS ACORDADAS, conscecuencia negativa se non cumpro

Vestirme só: Elixe o meu pai a roupa

Facer a miña cama: Durmirei incómodo, coas sabas revoltas

Recoller os xoguetes: Os meus pais «varren» todos os xoguetes que hai no chan e quédome sen eles

Poñer a roupa sucia na cesta da coada: Non se lavará

Poñer a mesa: Quedo sen a sobremesa

Baixar o lixo cada noite roldándome coa miña irmá: Baixarei catro días seguidos o lixo

Escuela de padres

  • Tema do mes: A corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
  • Etapa: Infancia e adolescencia.
  • O dato: A mellor maneira de ensinar hábitos responsables é comezar con hábitos de autonomía os primeiros anos de vida.
  • Comportamentos que se deben evitar: Resolver situacións ás que os fillos se poderían enfrontar de maneira autónoma; sobreprotexerlles, atrasar a súa madurez.
  • Algunhas claves: Esixir condutas proporcionadas ao nivel de desenvolvemento, eloxiar os esforzos por realizar condutas autónomas, mostrarlles confianza e seguridade.
  • Para saber máis: «Desenvolvemento de condutas responsables. De 3 a 12 anos». Goberno de Navarra. Departamento de Educación e Cultura.

http://dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/conductas.pdf