Sufrimento con mensaxe

El Nostre Ciutat

Vigo

O Celta B acadou o obxectivo da permanencia nun agónico play-out. Gañando os dous partidos ao Alcoyano e un deles a domicilio logo de tempo inmemorial (en febreiro en Las Palmas).

Pero facer os deberes deste xeito, igual que lle aconteceu ao primeiro equipo, que tamén se salvou no derradeiro partido da tempada, debe ir aparellado dunha profunda reflexión. Algo terá que cambiar o filial para vivir máis tranquilo atendendo ao fútbol de formación e non pasando agobios clasificatorios, porque o escalón mínimo para un equipo de Primeira División é ter o seu filial no fútbol de bronce.

Mouriño admitiu o venres que o ano do Celta B tamén foi un fracaso. Un pouco menor porque se cumpriu o reto de seguir en Segunda B, pero agora chega o momento de tomar decisións, de revisar o modelo e de construír un futuro máis tranquilo. Xogar con lume só conduce ao inferno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sufrimento con mensaxe