Pontón defende os seus oito anos á fronte do BNG cun discurso con respostas implícitas á UPG
GALICIA
A portavoz nacional recordou ante a asemblea que o Bloque era no 2016 «un barco á deriva con risco de afundirse», pero ahora está en su «mellor momento»
01 dic 2024 . Actualizado a las 18:32 h.A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, centrou hoxe domingo o seu discurso inaugural da XVIII Asemblea Nacional do partido na defensa da xestión dende o 2016, cando chegou á portavocía nacional. «Estamos no noso mellor momento», afirmou. O seu parlamento tivo pasaxes que poden interpretarse como unha respuesta ao comunicado lanzado o luns pola UPG, no que advertían contra «calquera tentación presidencialista», chamaban a reforzar o liderado colectivo e o diálogo interno, apotaban por unha defensa clara do discurso soberanista, e sinalaban que «non se pode avanzar apenas con marketing e accións performativas ou de imaxe».
Pontón defendeu os seus argumentos con símiles náuticos. Afirmou que o BNG era hai oito años «un barco á deriva con risco de afundirse», e «dentro e fora» había quen consideraba ao partido «morto e amortizado», quen pensaba que «non resistiría», ou incluso que habería que «chamar a un remolcador de empresa allea», -unha referencia ás Mareas satélites de Podemos- para que o rescatase. Pero agora, engadiu, o BNG ten «máis iniciativa que nunca» grazas a «decisións colectivas» acertadas e a que se implantou unha «maneira diferente de facer política, firme pero amabel», máis «próxima as preocupacións da sociedade» e que permitiu ao partido «chegar a máis sectores». Hoxe o BNG é «máis forte, con 1.400 militantes máis» ey unha «dirección coral forte», que «capitanea» o Bloque con «impulso e iniciativa».
Pontón, que foi recibida cunha ovación en pé dos asistentes, recordou que o paritido creceu en todos os procesos electorais, e puxo a meta no mismo obxecttivo que se lle escapou nas últimas eleccións autonómicas: «Temos que liderar o país desde o Goberno». Recoñeceu que «os cambios as veces tardan máis» do que se espera, pero para acadalos instou a manter as vixentes liñas políticas, que pasan por «sumar a máis persoas» ao proxecto nacionalista. Porque, subliñou, non basta con ter razóns, «a sociedade ten que darche a razón, temos que chegarlles ao corazón».
Pontón tachou a Alfonso Rueda de «presidente desleal con Galiza», e responsabilizouno do descenso do número de falantes de galego, para o que prometeu «mil primaveiras máis».
No seu discurso, que estivo precedido dos tradicionais gritos de «Galiza ceibe, poder popular» e foi interrumpido dúas veces para corear «Altri non» y «Palestina vencerá», Pontón asegurou que os rivales do Bloque «están dos nervios», tanto polo avance do partido como por ter levado ao Parlamento asuntos como «os chanchullos» na contratación da Xunta.
Tamén o están, dixo, pola «fortaleza» e a «democracia interna» do BNG, no que manda «a militancia». Nesta asamblea, por primeira vez dende o 2016, preséntanse listas alternativas á súa. Están lideradas por Noa Presas, parlamentaria encuadrada no Movemento Arredista, y Gustavo Barcia, concelleiro en Mos vinculado al grupo Alicerce.
A asemblea ten lugar no Pazo de Congresos de Santiago, onde está previsto que acudan 2.500 persoas durante a votación das candidaturas na tarde de hoxe domingo.