Aulas cheas de coñecemento

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

LA VOZ DE LA ESCUELA

O suplemento educativo de La Voz volve con máis actualidade e divulgación

19 sep 2022 . Actualizado a las 16:06 h.

Empeza un novo curso e con el o programa Prensa-Escuela, totalmente gratuíto para o profesorado que se apunte. Neste proxecto, dende o mércores 19 de outubro, todos os días da semana La Voz de Galicia en papel chega á casa do profesorado inscrito, que os mércores recibe xornais na súa aula, para que os seus estudantes aprendan a través do renovado suplemento La Voz de la Escuela. E só con chamar ao teléfono 902 103 156.

Pensado para mestres de 5.º de primaria a bacharelato, Prensa-Escuela permite participar en actividades e concursos, con premios para docentes e nenos, e sobre todo aprender a partir da actualidade. Cada semana a portada do suplemento dedícase a un tema de actualidade, para que os rapaces estean ao día do que ocorre na súa contorna e no mundo; hai diferentes niveis de profundidade da noticia para adaptarse á súa madurez, e actividades pensadas para tres grupos diferentes.

Haberá, como sempre, moita divulgación e non só científica, senón tamén de arte, literatura, dereito, seguridade viaria, economía...

Como novidades, este ano destaca a información útil sobre a ABAU, sobre como protexerse das fake news, ademais de aprendizaxe da historia a través da banda deseñada, información de saúde grazas á colaboración con La Voz de la Salud e divulgación da nosa riqueza xeolóxica.

la voz de la escuela