Incumprindo a sentenza do TSXG

J. Manuel Cabezudo A DOS BANDAS

GALICIA

16 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Nada máis gañar as eleccións no 2009, o PP volveu incumprir a lexislación, subvencionando aos colexios que segregan por sexo, contrarios aos principios da coeducación. Tanto o decreto de admisión do alumnado como a propia LOE impiden discriminar ao alumnado por razón de sexo, tal como fan estes colexios privados próximos ao Opus Dei. A decisión tomada pola Administración do PP, e que se repite en todo o Estado, evidencia a liña educativa deste Goberno, que non ten reparos en reducir postos de traballo, investimentos en recursos, ou facer pagar para poder comer nos comedores escolares públicos co argumento da crise, nin en adicar tres millóns de euros para subvencionar a unha empresa educativa contraria á coeducación. Máis dunha vez emprégase o dereito a escoller das familias para xustificar políticas afíns ao ideario máis reaccionario deste Goberno, malia seren vulneradoras dos dereitos da infancia.