Galicia xa é suburbana

Carlos Ferrás OPINIÓN

GALICIA

22 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Galicia se transforma rápidamente. A urbanización foi constante durante os últimos 40 anos; e hoxe en día xa non somos unha sociedade agraria.

Pola contra hoxe os galegos ocupámonos maioritariamente nos servizos; pero seguimos vivindo nos mesmos lugares? Nas mesmas aldeas, parroquias, vilas e cidades? A resposta é que non.

Producíronse cambios moi significativos; parece que pasamos da Galicia rural cara a Galicia suburbana sen a transición da cidade industrial. Miles de familias reasentáronse nas periferias das nosas maiores cidades. Pensemos en núcleos, urbanizacións privadas e vilas espalladas por municipios anexos aos das nosas principias cidades; pensemos en Narón, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Ames, Teo, Brión, Nigrán, Poio, Salceda, Ponteareas...

Coñecimos un proceso acelerado de urbanización e terciarización económica rápido e pouco planificado. Hoxe as periferias urbanas menos densas que as cidades concentran con avaricia decenas de miles de familias con fillos, onde a alta natalidade e os numerosos xóvenes e nenos presentes nas súas rúas, contradicen ao avellentamento xeral e altamente preocupante da sociedade galega. O rural se despoboa e as aldeas milenarias van quedando abandonadas e esquecidas; pero mentras, as cidades galegas se estancan e xa comezan a experimentar o éxodo residencial e a deslocalización de servizos e industrias cara ás áreas suburbanas adxacentes.

Preguntémonos polos impactos políticos, culturais, sociais... desta grande transformación, feita en todo caso sen unha minima planificación, só a base de feitos. Galicia xa non é rural é suburbana.