José Manuel Braña: «Por 500 euros non compensa ser alcalde»

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

GALICIA

ROI FERNANDEZ

Afirma que cobra 1.700 líquidos e que só en gasoil se lle van 400 cada mes

31 jul 2012 . Actualizado a las 15:48 h.

Con 72 quilómetros cadrados e 224 habitantes segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), Negueira de Muñiz paga dúas dedicacións exclusivas: ao alcalde, José Manuel Braña (PSOE), e ao tenente de alcalde (1.100 euros netos ao mes).

-Non sei se é moito ou pouco. Só sei que cobro algo menos de 1.700 euros netos e que para atender as necesidades que teñen os veciños só en gasoil se me van máis de 400 euros ao mes. Antes era auxiliar administrativo e gañaba uns 1.000.

-Sorprende que un municipio tan pouco habitado abone dous soldos do equipo de goberno...

-Os municipios son un reino de taifas, e o que cobran algúns secretarios é escandaloso. Todos os soldos deberían estar estipulados pola lei. Eu non pretendo cobrar 3.000 euros, pero por 500 tampouco compensaría ser alcalde. Non sei as firmas que boto ao día, e iso esixe unha responsabilidade que hai que pagar dalgunha maneira.

-¿Parécelle ben que se supriman concelleiros?

-Non solucionará nada porque a maioría non cobran un peso. Negueira non necesita rescate, necesita o Pacto Local e que lle paguen competencias.