O socialista Gómez Besteiro é máis partidario da prestación compartida de servizos entre concellos que das fusións.
-O Goberno non parece compartir o seu criterio...
-A solución non está en fusionar concellos, porque igual é crear problemas máis grandes dos que xa hai. Xuntar churras con merinas, xuntar concellos sen ter unha finalidade clara do que se quere facer é crear máis problemas. O importante é a prestación de servizos. A cuestión non é a cirurxía territorial, senón a cirurxía funcional, é dicir, cómo dar servizos e de xeito máis económico. A norma xeral non pode ser a fusión, e menos as fusións express nas que se casan dous municipios que ata o día da voda non saben que se van casar.
-Diante de posibles fusións, ¿deben opinar os cidadáns?
-Claro que si, como non. É algo que cambia a vida das persoas. ¿E logo os cidadáns non teñen dereito a opinar? Pero o importante é xestionar a intermunicipalidade, porque xestionar servizos na montaña non é o mesmo que facelo na Terra Chá.
-¿Tamén en isto cambiou de criterio o Goberno?
-Cando un partido ofrece un programa e despois fai todo o contrario hai unha fraude electoral. A crise estase usando como escusa para cambiar o modelo económico, de país e de prestación de servizos.