Oito esforzos a prol de Galicia

La Voz

GALICIA

ÁLVARO BALLESTEROS

28 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Coa única ausencia do catedrático de Anatomía Barcia Goyanes, pola súa idade (pasa dos cen), o presidente da Xunta entregou onte as medallas Castelao a oito galegos sobranceiros, de nacemento ou adopción, «que personifican as mellores virtudes que distinguen ó pobo galego», sinalou Manuel Fraga. O encargado de falar en nome dos galardoados foi o modisto Adolfo Domínguez, quen recordou a súa reticencia inicial a recibi-lo premio. Julio Fernández Gayoso, Constantino García, Feliciano Barrera, María Branca Jiménez e María do Carme Kruckenberg completan a lista dos homenaxeados nesta edición cun galardón que se creou en 1984, data na que retornaron a Galicia os restos de Castelao.