TEXTO DE LA POLÉMICA
23 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.«Os vigueses e viguesas non imos deixar pasar un crime coma o que onte tinguiu de sangue as rúas de Donosti sen expresar publicamente o noso sentimento de absoluta repulsa e o noso desexo de paz e liberdade. Cunha única voz facemos, como noutras ocasións, unha chamada ao diálogo que, na nosa opinión é o mellor, o único instrumento válido, para conseguir artellar a convivencia na nosa sociedade. (...) O asasinato destes dous traballadores é a macabra maneira coa que ETA saúda a convocatoria dunhas eleccións democráticas. (...) Os vigueses e viguesas faremos sempre bandeira do respecto aos dereitos humanos. Demostrámolo ata agora e o seguiremos facendo. Sempre contra a violencia. Sempre coa paz».