A sorpresa literaria do Nadal: «É extraordinario ver a nenos cun libroxogo de 52 finais»

Olalla Sánchez Pintos
OLALLA SÁNCHEZ SANTIAGO

FUGAS

XOÁN CARLOS GIL

A escritora Ledicia Costas e o guionista televisivo Luismi Pérez unen o seu talento en «Bruxas e dragóns», un título que fai lembrar aos «Elige tu propia aventura» dos ano 80 e que, nun mes, esgotou dúas edicións

26 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi mentres xogaban unha partida dun videoxogo cando a recoñecida escritora Ledicia Costas lle propuxo a Luismi Pérez, quen foi guionista de programas como El Intermedio e de series como Nasdrovia o Dos años y un día, acometer xuntos un dos soños literarios que, previamente, lle trasladara Víctor Mascato, o editor do selo galego Triqueta Verde. «Foi no verán do 2024. Eu ía con Víctor a un festival en Asturias cando el me explicou que, de neno, se fixera lector con libros, célebres nos anos 80, como os de Elige tu propia aventura, nos que o lector escollía en cada capítulo que camiño tomar. El dicía que agora, sendo editor, o que máis lle gustaría sería facer unha saga propia de libroxogos. Ao chegármonos ao evento vimos un apartado de "Constrúe o teu libroxogo" e entendémolo como un sinal. Preguntoume se me atrevería a facer un e non dubidei, aínda que sabía que necesitaba un aliado que controlase de xogos de rol, e que fose tamén autor. Ao xogar logo con Luismi tíveno claro e el dixo "Si!". Logo seguimos coa partida», evoca rindo Ledicia. «Para mí non era un ejercicio de nostalgia. Títulos que decía Víctor yo los tenía presentes; a mí también me habían formado como lector. Recuerdo los de la portada roja que editaba Timun Mas, los de "pasa a la página..." También los de Dragones y mazmorras. Desde un pequeño pueblo de Ávila yo compraba uno cada semana. Los de la editorial Altea Junior, en los que había que tirar dados o encontrar pistas en los dibujos, a mí también me habían marcado...», sinala Luismi, mentres Ledicia asente e subliña que «todo cadraba».

«Por unha banda estaba Víctor, un editor que se atreve a innovar. Non todos saben editar un libroxogo. El fora superlector deses libros. De feito, pasoume un lote de cando era neno e estaban todos anotados a lapis, coas tiradas. El, ademais, que vén do mundo da banca, controla estatística, un factor imprescindible nestes títulos», razoa Ledicia. «Eu son unha autora á que lle gusta experimentar. Desde hai décadas tivera ademais en mente un libro a cabalo entre o lúdico e o narrativo... Logo estaba Luismi, quen se iniciara nos xogos de rol aos 15 anos. As persoas que compartimos universos, acabámonos xuntando. Bea Gregores, a ilustradora, tamén xogadora, conectou coa fantasía do libro desde o inicio», alaba Ledicia.

Pablo Vazquez

Para ler e xogar

Nunha experiencia lectora e lúdica única —«É o primeiro libroxogo así en galego», realza o editor, Víctor Mascato—, narrada cun estilo fresco e actual, en novembro publicouse Bruxas e dragóns: Baba Iagá, o arranque dunha triloxía na que o lector se converte en protagonista da aventura. A través dun mundo épico, cheo de bosques enfeitizados e de criaturas, e coa misión de atopar a unha fada desaparecida, os rapaces (desde 10 anos), poden decidir se seguen o Camiño da Espada ou o da Maxia e avanzar de forma non lineal pola historia, que conta con mecánicas propias de xogo. En función das súas decisións a aventura vaise modificando. «Non é un libro ao uso. A súa arquitectura é complexa. Houbo que barallar ben as entradas. Hai máis de 5.000 posibilidades de camiños distintos», valora o editor. «El libro permite, en ciertos pasajes, acceder a otros clásicos, como Drácula, Donde los viven los monstruos o La metamorfosis», realza Luismi. «Algo do que nos sentimos orgullosos é de que a obra fala sempre co lector e, nesas páxinas, os que falan son eses libros, podendo interactuar cos seus personaxes», engade Ledicia.

«Na xira que fixemos este mes por Galicia foi extraordinario atopar a nenos que xa leran e releran o libro, xogaran e rexogaran con el, chegando a moitos dos seus 52 posibles finais», agradece a escritora. «Uno de los distintos lectores a los que les dimos a testar la obra, encantado de poder leer y jugar, nos dijo: "Sois unos genios"», sinala divertido Luismi. «Este libro tamén se orienta a eses nenos que, coma min, necesitaban unha compoñente lúdica para ler... É satisfactorio ver que o teu anhelo é compartido. Nun mes xa se esgotaron dúas edicións», salienta o editor.

Tres sugerencias para añadir a tu carta de reyes

«Policán 13: Érase una vez Joselito» / Davi Pilkey

Era, de nuevo, uno de los estrenos más esperados, y no defrauda. El autor continúa la exitosa saga dando protagonismo a otro personaje, a un gato presidiario de corazón puro y estómago prominente, muy querido por los niños y que, junto a Policán, se enfrentará a unos curiosos malvados, los cuquialiens del espacio. Más risas, humor y lectura asegurada.

Editorial SM / páginas 224 / precio 14,50 euros / edad: desde 6 años.

«O pequeno león» / Texto: Jacques Prévert; Fotografías: Ylla 

O selo recupera por primeira vez no noso país o texto íntegro deste clásico, parte do cal fora censurado en 1947, cando se publicou. A historia, narrada con mestría e coa mirada única da fotógrafa Ylla, céntrase nun animal nacido en catividade que soña con descubrir a selva da que tantas veces lle falou a súa nai. Un relato entrañable e comprometido.

Editorial Kalandraka / páxinas 36 / prezo: 16,50 euros / idade: dende 5 anos

«Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas» / Anaír Rodríguez; David Rodríguez 

Neste álbum, ao que non lle falta humor, dánse trucos sobre o que facer se un se atopa con bruxas ou lobishomes ou con seres menos coñecidos, coma o diaño burleiro. Un repaso orixinal e divertido, non só para os nenos.

Editorial Xerais / páxinas 72 / prezo 15,15 / idade: dende 8