Xisco Feijoó: «Nunca vin tanta liberdade como nas aldeas»

CARLOS CRESPO

FUGAS

Despois de 30 anos recuperando música, o seu primeiro disco, «Peixe», é unha visión contemporánea da cantiga galega

30 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

de Xisco era un segredo a voces na escena tradi galega. Respectado, cando non venerado, pola súa traxectoria como cantante, bailador e coreógrafo así como polo seu labor de recuperación levado a cabo durante tres décadas, a expectación era maiúscula respecto o seu agardado primeiro traballo discográfico. E non defraudou. Nin polo continente, nin polo contido. Peixe, que chega nunha lata de conserva, é un descomunal e oportuno exercicio de exaltación da nosa identidade musical a partir dunha creación que bebe do máis puro e ancestral para achegar a modernidade alén das peixeiras.

—De «Peixe» díxose que supón unha visión «atrevida, moderna e contemporánea sobre a música de creación colectiva galega». Séntese identificado?

—Si, a verdade é que si. E ademais é intencionado. Quero ser un pouco revolucionario. Quero ser amable coas letras, pero que teñan ese transfondo de retranca galega. Encántame utilizar esa lírica non evidente pero sentenciadora para falar cousas actuais, de hoxe en día, e incluso dalgunhas bastante duras. Quero, coa nosa música, facer o que a min me apetece: expresarme libremente.