«O pintor cego» e a última aventura de Docampo

Kalandraka publica o libro póstumo de Xabier P. Docampo con ilustracións de Xosé Cobas

docampo

Hai un rei malvado, unha asombrosa raíña e un pintor namorado. Os tres xuntos nun castelo. A derradeira obra de Xabier P. Docampo, O pintor cego (Kalandraka), chega ás librerías de xeito póstumo tras o confinamento polo covid-19.

O libro, destinado ao público infantil e xuvenil, é un agasallo do que tamén gozan os maiores. As páxinas cos textos do querido escritor que nos deixou no 2018 van acompañadas das imaxes de Xosé Cobas. O resultado é un diálogo artístico e literario cheo de referencias pictóricas, como a do inspirador cadro de Arnold Böcklin, A illa dos mortos.

View this post on Instagram

Neste Día das Letras Galegas KALANDRAKA presenta o adianto dun libro moi especial, duns moi queridos e admirados autores: <O pintor cego> é a obra póstuma de Xabier P. Docampo, ilustrada polo seu inseparable Xosé Cobas; unha historia lendaria, con múltiples referencias pictóricas, que chegará moi pronto ás librarías do país. Nesta 'primavera das Letras', a nosa homenaxe a Xabier, artífice de tantos soños, de tantos contos que, como el dicía, "conteñen a sabedoría toda do mundo". 🎥 kalandraka.tv/gl/video/opintorcego 📚 https://bit.ly/CobasKLKg #OPintorCego #XabierPDoCampo #XoseCobas #proximamente #DiaDasLetrasGalegas #LetrasGalegas #engalego #KalandrakaTv #booktrailer #VemonosNasLibrarias #VemonosNasBibliotecas

A post shared by Kalandraka Editora (@kalandrakaeditora) on

«O rei mandara chamar aquel pintor que tanta sona tiña no seu reino e nos da contorna / o pintor presentouse diante do monarca atemorizado pola idea de que lle mandase facer o seu retrato, pois el sabía que na pintura había de verse toda a crueldade que se agochaba naquel corazón».

Como ben dicía Docampo, os contos «conteñen a sabedoría toda do mundo». Nesta historia lendaria están os arquetipos da bondade e a xustiza, que representan o noso pintor e a fermosa raíña da que recibe o complexo encargo de retratala. Un cadro imposible para o que só se sentirá capaz «cando sexa quen de abranguer e facer miña tanta beleza».

«Fíxenme escritor porque teño memoria de min e dos meus, porque habito a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano», confesou o escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por Cando petan na porta pola noite e referente dunha xeración que elevou o xénero ao seu esplendor e consagración exterior. Unha escola que permanece nos autores actuais.

As ilustracións de Xosé Cobas fan máis pracenteiro o discorrer por esta última aventura de Docampo que arrastra o interese ata a última páxina. Trazos oníricos bañados en cor que insiren na imaxinación do lector. Unha experiencia literaria que reconforta coma unha aperta.

Xabier P. Docampo e Xosé Cobas prestan os seus ollos a un pintor cego

xesús fraga

O ilustrador publica a historia na que traballaba co autor antes da súa morte, un dos seus moitos proxectos conxuntos

Son moitos os libros que saíron do traballo conxunto do ilustrador Xosé Cobas (Negreira, 1953) e o escritor Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018), e moitos tamén os que ficaron en diversos estados de concreción, dende unha idea bosquexada a unha historia case completa. A esta última categoría pertence O pintor cego (Kalandraka), que vén de aparecer a menos dun mes do segundo cabodano do escritor.

Trátase dun relato con todo o recendo dos contos máis clásicos, unha atmosfera que se complementa cunha estética nas ilustracións que se move entre o Renacemento e o mundo que evoca a lectura dos irmáns Grimm. É principalmente unha historia de amor, pero, cun pintor como protagonista, e o interese de Cobas e Docampo pola historia da arte, hai numerosas referencias, empezando pola homenaxe a Yves Klein coa elección do azul das gardas, ata a presenza, implícita ou máis en primeiro plano, a obras como A illa dos mortos de Böcklin, O pintor e a modelo de Vermeer, A primavera de Botticelli e o Napoleón de Ingres, entre outros.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O pintor cego» e a última aventura de Docampo