Santi Prego: «Eu teño que defender o personaxe, non xulgar a Franco, iso fárao o público»

O actor vigués é o encargado de darlle vida ao ditador en «Mientras dure la guerra», a nova película de Amenábar que se estrea hoxe


Defínese coma un «traballador do espectáculo». Os galegos vimos por primeira vez a Santi Prego (Vigo, 1962) na tele, con Mareas Vivas. Tamén no teatro e no cine, en Los girasoles ciegos ou A Esmorga. Con máis de vinte anos de carreira, Alejandro Amenábar confía nel o papel do ditador Francisco Franco en Mientras dure la guerra, que transcorre nos primeiros meses do golpe militar.­

—Como se ve de Franco?

—É que non me vexo. O que sae na pantalla non son eu. Non sinto que sexa Santi Prego facendo de alguén [sorrí].

—A caracterización está conseguida.

—É o meu traballo. Non teño que xulgar, iso fárao o público. Eu teño que defender o personaxe. Foi o que me pediu Amenábar.

—Pódese defender un ditador no cine?

—Si, outra cousa é que coincida con el. Estou nas antípodas! Para preparar o papel acudín á Fundación Francisco Franco. Dixen que era un doutor preparando unha investigación, o cal é certo. Son doutor en Artes Escénicas. Cando dixen que quería saber sobre a persoa, Emilio de Miguel respondeume que non había nada que contar. Que Franco era «totalmente anodino».

franco.El gallego Santi Prego interepreta a Francisco Franco en la cinta «Mientras dure la guerra», de Amenábar
El gallego Santi Prego interepreta a Francisco Franco en la cinta «Mientras dure la guerra», de Amenábar

­—E érao, anodino?

—Si, era un home tímido, sen nada particular. Era, tamén, o que hoxe chamamos un procrastinador. Moi indeciso, tomaba as decisións a última hora, algo que desesperaba a Manuel Fraga, entre outros.

—Que máis soubo del? Era moi hermético.

—Si, non hai case gravacións da súa vida privada. Franco sempre viviu na guerra. Era un militar africanista, en Morrocos a guerra foi cruel, a cara can. Na disciplina do regulamento militar atopou o molde do seu carácter. Gustáballe o rigor e aplicar a xustiza, pero a militar. Firmaba unha sentenza de morte e ía durmir a sesta.

—Iso explica o seu ascenso no golpe?

—A súa historia é unha historia de superación, realmente. Ninguén contaba con el. Foi dos últimos da súa promoción na academia militar. Era un rapazote pequeno, con tendencia a engordar e cunha voceciña fina. Fritírono a novatadas, por iso as suprimiu. Non tiña ningunha das características de alguén que penses que poida chegar a algo.

—No filme semella máis o Hitler de «El Hundimiento» ou o de «El gran dictador», de Chaplin.

—Boa pregunta. Empreguei técnicas de clown, pero só a técnica, ese pór a máscara.

;
El ferrolano que le dijo no a Franco Ambos eran de Ferrol y con carrera militar pero, José Aranguren no se sumó al golpe contra la República. Era la máxima autoridad de la Guardia Civil en Cataluña. El dictador no tuvo compasión con su vecino. Lorenzo Silva novela su vida

—Por que houbo tan poucos Francos no cinema español. Autocensura?

—Temos o Franco máis esperpéntico de Juan Echanove e tamén o de Juan Diego. Pero é certo que en España non se quere falar del, non se quere falar do pasado. É un silencio interesado, dun sector que ten medios e diñeiro. O pasado é presente. A reconciliación vai ser imposible se non somos capaces de falar disto. Segue a haber dúas Españas.

—O discurso de Miguel de Unamuno (Karra Elejalde no filme) na Universidade de Salamanca, ese «venceréis, pero no convenceréis» reclamaba unha película.

—Si, é un episodio pouco coñecido. Franco nunca quixo convencer. Quería crear unha nova España desde cero, limpar todo (e a todos os que non pensaran así).

—Esa depuración lembra ao nazismo.

—Si, é que Hitler o axudou. El era dos de Hitler e Hitler dos del. A represión, os fusilamentos, duraron ate 1975.

—Tiña que facer de Franco un galego?

—É casualidade. O outro galego da película, Millán-Astray, está interpretado por Eduard Fernández, catalán.

—É o seu papel máis difícil?

—Foi do máis fácil e agradecido. Tiven tempo para preparalo, a Amenábar como guía, un coach e clases de voz e alexitimia. Foi laborioso. O difícil é tirarte dun paracaídas.

—E será o máis importante, fóra de Galicia?

—Isto temos que velo dentro duns meses. Iso si, hai unha corrente de simpatía cara aos actores galegos desde Madrid. O actor galego traballou moito, grazas ao idioma. É coma un carpinteiro. Non é o mesmo facer 15 mesas que 50.

—Nervioso pola estrea hoxe nos cines?

—O traballo está feito. É unha peli de Amenábar e en Salamanca tivo moi boa acollida.

—Gustará na Fundación Franco?

—Probablemente lles pareza horrible. O último día que fun por alí conteille a Emilio de Miguel quen era. Díxome que, se eu facía de Franco, iría ver a película. Tiven unha relación cordial con el. Estou en contra da crispación. O conflito só no teatro.

—Apoia que o saquen de El Valle de los Caídos?

Iso está fóra de toda dúbida. Non digo que se tire nunha cuneta, pero tampouco se pode glorificalo aí. 

Un actor gallego da vida a Franco en la nueva película de Amenábar

M. Méndez
;
Un gallego da vida a Franco en la próxima película de Amenábar El actor vigués Santi Prego encarna al dictador en la cinta en la que comparte cartel con Karra Elejalde y Eduard Fernández

El intérprete vigués Santi Prego encarna al dictador en la cinta en la que comparte cartel con Karra Elejalde y Eduard Fernández

«Venceréis, pero no convenceréis» es una de las citas más repetidas de la Guerra Civil. Se le atribuye a Miguel de Unamuno su autoría, que se la dedicó, más o menos en estos términos, al general José Millán-Astray (el mismo que gritaba aquello de «¡Muera la inteligencia! ¡Viva la muerte!») en el paraninfo de la Universidad de Salamanca el 12 de octubre de 1936. Los sucesos que marcaron el inicio del levantamiento militar contra la Segunda República son el marco en el que transcurre la nueva película de Alejandro Amenábar. El film, titulado Mientras dure la guerra, está coproducido por Movistar+, que este jueves ha facilitado las primeras imágenes de la cinta y también su tráiler. 

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

Santi Prego: «Eu teño que defender o personaxe, non xulgar a Franco, iso fárao o público»