Suso Cubeiro (A Coruña, 1954). www.susocubeiro.com
-Sufres ou gozas cando traballas?
-Case sempre teño tres fases. Ó principio penso: «isto está chupao»; durante o proceso: «son un fraude, e non vou ser quen de rematalo», e cando xa o rematei (case sempre, claro): «bueno, pois parece que vai valer».
-Cales son as túas influencias?
-Rien Poortvliet, Brian Froud e Masao Saito.
-Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?
-Gustavo Doré.
-Un consello a un ilustrador xoven?
-Que tente ser o mellor. Seguramente non o faga, pero é o xeito de superarse.
-Que sentes cando estás debuxando?
-Que sempre me complico máis do previsto.
-Tes algunha manía na túa rutina de traballo?
-Levantarme cada cinco ou dez minutos para pensar. Non son quen de pensar sentado.
-É importante a ensinanza do debuxo na escola?
-Sempre que o profesor sexa como Deus manda, si. O malo é cando che toca alguén que nin sequera ten uhna mínima idea do tema porque non é a súa materia e non a estudiou. Isto si que pode resultar moi contraproducente.