Esperanza para Mauro

R. Nicolás

FUGAS

SANDRA ALONSO

Pere Tobaruela e o ilustrador Andrés Meixide acertan de cheo con este relato da fuxida cara a a ningures dun neno de dez anos vítima do acoso e a violencia escolar

08 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Mauro é un neno de dez anos que sofre acoso e violencia escolar. Os seus pais axúdano como poden, ou como saben, pero non é abondo e o rapaz emprende unha fuxida cara a ningures. Serán, así, cinco horas de escapada -tan marcadamente dramáticas como as de Delibes- nas que terá tempo de vivir outras experiencias atopándose con xentes diversas dun arrabalde onde aprenderá, por veces grazas á maxia que ás veces se pode dar na vida, a mirarlle á cara aos propios seus temores; aprenderá a ser máis valente e a ter esperanza. Tobaruela e Meixide acertan, de cheo, con esta proposta. 

Cinco horas con Mauro. Narrativa. Pere Tobaruela. Ilustracións de Andrés Meixide. Embora. 86 páxinas. 10 euros