O periplo de Nimbos de Luz, con 14 paneis temáticos que repasan a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, o autor de Guitiriz ao que este ano se homenaxeou no Día das Letras Galegas, chega á súa fin. Quedan só tres días, ata o domingo, para visitala no instituto Fernando Blanco de Cee e verdadeiramente paga a pena. Acompañada do documental O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo, ofrece un achegamento breve pero intenso ao traballo do poeta e a significado que ten dentro do panorama literario galego, que, como dixeron onte algúns dos participantes na visita que realizou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, pode ser o punto de partida perfecto para que, os alumnos neste caso, se sintan atraídos e afonden no universo de Díaz Castro.
No percorrido de onte a mañá, García estivo acompañado por la alcaldesa, Zaira Rodríguez; a concelleira de Cultura, Mabel Fernández, e a directora do Fernando Blanco, Chelo Trillo, ademais de Alfonso Blanco, un dos tres comisarios dos proxectos. Eles foron os encargados de animar aos rapaces a coñecer a Díaz Castro, antes de que a mostra poña rumba a Celanova.