Camiño da Gandarela

ISABEL SANTOS

FIRMAS

10 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha das sendas peonís que parte da Casa da Costa até as proximidades da lagoa de Carregal leva por nome Camiño da Gandarela. Unha gándara pode ser un terreo areoso e pouco produtivo ou unha terra baixa de vexetación brava (segundo o dicionario Xerais).

O noso camiño está a carón do piñeiral que posúe os piñeiros do país ou marítimos, abondo frugais para vivir en solos con poucos nutrientes, escasamente profundos ou areosos. Mais «Gândara», en Portugal, é o nome de varios lugares, e a maioría deles teñen unha intensa actividade agropecuaria, así que todo menos terra inculta e árida.

A orixe parece estar na voz preindoeuropea *ganda, «pendente rochosa», relacionado co sentido de «pedra» e coa raíz *cant, que pode ser a orixe de A Canda, Cantábrico, Candanchú, etc.

No sueste de Afganistan existe unha ?Gandhara?, exsatrapía persa conquistada polos gregos, que é un dos maiores exemplos de arte grecobudista, célebre polas súas esculturas en pedra e por figurar na lendaria ruta da seda.