Ramiro José Quintana González naceu en Allariz en 1984. É diplomado en Turismo e máster en Dirección e Planificación Turística. Tivo varios traballos de verán relacionados co turismo e a hostalería hasta que en outubro do 2013 decidiu abrir a súa empresa, Petelo, dedicada a compra de castañas e a súa transformación. Elabora pilonga, brise (troceada) e fariña. A venta faise principalmente a través de tendas especializadas en produtos gourmet.
As súas afeccións
Gústalle o deporte e de feito xoga no Clube Baloncesto Allariz, na primeira autonómica. A música, especialmente o rock e o pop, é outra das súas fórmulas para relaxarse. É un ávido lector da prensa diaria, que consume dende varias cabeceiras, e tanto en papel como a través das páxinas web.