Teresa Pardo: «Burela sería a mesma que é hoxe aínda que non se tivera segregado»

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO BURELA / LA VOZ

FIRMAS

XAIME RAMALLAL

A ex presidenta do colectivo O Vencello reivindica o acceso ao porto

06 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Presume e exerce de avoa e tenlle moita paixón á familia, e a Burela. Ata a primavera do 2013, Teresa Pardo Correa (Burela, 1959) foi a cabeza visible da asociación O Vencello, unha institución en Burela, onde é o altafalante de máis de 700 veciños e das súas familias.

-¿Durante cantos anos dirixiu as rendas de O Vencello? E, ¿por que o deixou?

-Durante oito anos, e deixeino por dárlle paso a outra xente. Había unha cousa que tiñamos clara, e era que cando nos fóramos, íamonos toda a directiva. Eramos unha piña, había moita unión. De verdade que non tivemos nada de nada, nin con ninguén. A min xa se me empezaba a complicar a cousa porque me quitaba moitas horas da miña vida privada.

-¿Esixe moita dedicación?

-Dedicábamoslle moitas horas. E chegou un momento no que me sentía cansa. Pensei que debía vir xente nova, disposta a facerlle fronte a outros problemas.

-¿De que logro veciñal se sente máis satisfeita?

-O que máis satisfacción me deu foi ver como se solventaban os problemas coa auga que tiñamos en Burela. Namais chegar nós á dirección fixemos unha manifestación. Tamén fomos a Santiago. Sempre nos apoiou moito o actual alcalde. E o que conseguimos con esa presión foi que se movera con máis rapidez ese trámite. Cada vez que saía a auga turbia, denunciabamos o caso na prensa. Sempre facendo presión. Recoñezo que era unha obra proxectada, pero o que si que quizáis conseguimos foi que se axilizara. Creo que foi un dos temas cos que máis presión fixemos. Non me arrepinto de nada. Quizáis, de non ter conseguido máis cousas.

-¿Que espiña lle quedou cravada?

-Non conseguir o acceso ao porto. Fomos a Santiago moitas, moitas veces... pero nada. Deume moita pena porque son consciente de que o porto é o motor económico de Burela. ¿Sabes o que significaría quitarlle ese colapso de tráfico a Burela?

-Era socia do colectivo cando se promoveu a segregación de Burela de Cervo (efectiva no 1994), ¿como viviu o proceso?

-Como asociada estiven aí. Non era da directiva, pero eu apoiei moito a esa xente que o promoveu. Lémbrome de andar no coche anunciando que a segregación se facía por Burela.

-E agora, coa perspectiva que dá o tempo, ¿que cre que lle aportou a segregación a Burela?

-Creo que Burela sería a mesma que é hoxe aínda que non se tivera segregado. Porque Burela sempre soubo valerse por si mesma. Hai algo que dixen sempre durante o proceso da segregación; si me entero de que isto lle inflúe á xente, si me miran mal ou miramos mal, iso si me chegaría a influír e condicionar. Non quero pensar que porque se separen os concellos se teña que separar a xente; que a xente de Cervo siga indo a Burela e ao revés. Eu, no meu ver, sigo pensando que é asi. Nunca tiven rencillas con xente de Cervo, pero insisto en que Burela sempre se valeu por si mesma.

«A ampliación do Hospital da Costa é un dos proxectos prioritarios a sacar adiante»

«Non quero

pensar que porque se separen os concellos se teña que separar

a xente»

de café con teresa pardo correa