Orgulloso do comportamento de todos


Tiñamos un gran reto. Era a nosa primeira temporada na división de prata do voleibol nacional e superámola con nota.

A pesares de ser un equipo cun presuposto humilde, xa que os xogadores non percibimos ningún tipo de compensación económica, conseguimos competir de igual a igual con equipos con presupostos moi importantes.

Varios factores contribuíron a facer unha gran temporada. O primeiro, manter o bloque de xogadores. Esta era a cuarta temporada que Emilio Palacio seguía ao fronte do equipo e case sempre coa mesma xente.

Despois de conseguir ser campións da liga regular de Primeira División, precisábamos un reto superior. Este reto levou á directiva a darnos a oportunidade de competir na Superliga 2.

Isto no só nos obrigaba a desprazamentos máis longos e rivais máis importantes, senón que nos esixía máis compromiso, máis carga de adestramentos e de máis intensidade. Aparte de puntuais tensións provocadas pola maior presión, estou orgulloso do comportamento de todos e cada un dos membros do equipo porque conseguimos, a pesar de todo, seguir e loitar xuntos.

A directiva non nos esixía resultados, pero despois dos primeiros encontros, démonos conta de que podiamos dar un nivel superior e competir con calquera. Faltábanos un punto extra nos finais dos sets que nos levou a perder moitos puntos. A adaptación a esta competición foi clara posto que na segunda volta conseguimos case duplicar os seis puntos da primeira volta para rematar a Liga con 17.

O apoio da grada tamén foi en aumento. Sábado tras sábado, o equipo víase motivado por toda esa xente que nos animaba e proba diso son as confesións que nos fai chegar Pablo Bugallo de xogadores de alto nivel que lle trasladaban a satisfacción que lles provocaba xogar nun pavillón coma o de Boiro.

Pero o noso traballo non sería nada se non fose pola colaboración das empresas, cuxo esforzo foi moi importante para que nós puidésemos xogar na Superliga 2. As firmas comerciais entenden que vale a pena formar parte deste esforzo desinteresado por levar a Boiro e a este deporte con orgullo por todo o territorio nacional.

O Concello tampouco se queda atrás nos agradecementos. Apostou por este proxecto que considera moi serio e con continuidade, facendo obras para adecuar a pista deportiva e intentando resolver os problemas que van xurdindo. Por iso todos debemos estar contentos co gran traballo feito.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos

Orgulloso do comportamento de todos