A súa parcela abastece aos veciños da zona e tamén a tendas e supermercados
26 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.José Luis Viñal leva máis de 25 anos explotando os invernadoiros que se atopan á entrada da urbanización Rialta, en Arillo (Oleiros), nunha parcela de oito mil metros cadrados que xa foi dos seus pais e onde cultiva tomates, leitugas, pementos, cebolas... moitos dos cales acaban no prato dos veciños da contorna.
-Vese moito trasfego...
-Bastante xente, si. Na urbanización viven mil e pico persoas. Como traio tamén patacas de Carballo...
-Pero a maioría prodúceo...
-O único que compro son as patacas. O resto prodúzoo eu: neste tempo grelos, leitugas...
-¿Mellor prezo? ¿Máis calidade?
-Na pataca é mellor calidade porque os centros comerciais non se paran, non teñen unha persoa que vaia a Carballo casa por casa como vou eu. Iso mellora a calidade. E solo vender un pouco máis barato.
-¿Que se vende mellor?
-O que teño todo o ano é a leituga. E no verán, o tomate. Os que veñen de Almería de sabor perden bastante. Este cultivase con abono natural. Nas leitugas, por exemplo, a xente o que máis valora é que llas corto no momento. Nunha tenda non sabes cantos días teñen...
-¿Ecolóxico non é?
-Non, pero eu tampouco son moi partidario de sulfatos.