Actividades


1. A literatura negra (¿que quere dicir isto, son negros os libros?) está de modo en todo o mundo, pero non é un xénero novo. A autora máis famosa chamouse Agatha Christie. ¿Sabes quen foi?

2. Tamén temos literatura negra en Galicia. Inaugurouna Carlos Regiosa con «Crime en Compostela», e hoxe en día está de moda Domingo Villar con «Ollos de auga» e a «Praia dos afogados». ¿Que podes atopar sobre estes autores?

3. Pero hai novela negra para todos. Porque sendo xenerosos podemos meter aí ao xornalista Gerónimo Stilton, que seguro que si coñeces.

4. Por certo, ¿onde está Suecia? ¿É maior ou más pequena que España? ¿E que Galicia?

5. ¿Onde queda Ystad? ¿Que cidade galega é máis ou menos do seu mesmo tamaño?

6. Ystad ten un casco vello moi coidado. ¿Coñeces algunha cidade galega que teña un casco vello? ¿Está coidado?

7. Suecia foi unha sociedade emigrante. ¿Foino Galicia tamén? ¿Onde marchaban os galegos?

8. E agora acolle inmigrantes. ¿E nós? ¿Deben ter os mesmos dereitos cos galegos ou non (sanidade, educación, axudas para libros, comedor escolar...)? ¿Por que?

9. ¿Que é o mellor de emigrar? ¿E o peor?

10. E para rematar, ¿queres ver Ystad? Tes varias «webcams» nesta dirección: www.ystad.se

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Actividades