Falta de miras

Marta Lois

FIRMAS

19 ene 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

Abonita ría de Arousa é o sustento principal do Salnés e do Barbanza; a base da pesca, do marisqueo e do turismo, locomotoras da nosa riqueza. Entra dentro de toda lóxica coidar do que nos da de comer, potenciar a calidade do medio para incrementar o valor dos nosos produtos. Sen embargo, contra toda lóxica, á ría vértense miles de litros de augas domésticas, industriais ou das propias depuradoras. Lixo, recheos, urbanismo que se come o litoral, etcétera, son algunhas das vergoñas que aínda ameazan Arousa. Quedamos atrás porque moi poucas veces se pon a tecnoloxía ao servizo dunha xestión máis racional e eficaz tanto do territorio coma dos recursos públicos. Porque non é certo que todo o que se faga en pro do entorno natural carrexa gastos negativos para a economía. Este xeito de facer as cousas a corto prazo é o causante dos despilfarros que nos levaron aos actuais recortes nos entes públicos. Para o CES, unha planificación ambiental sostible da ría, participada por todos os sectores e baseada na conservación do entorno, é o único xeito de conseguir un futuro con calidade de vida.