A pesar de todo isto, os irlandeses, entre outros pobos de orixe celta, seguiron celebrando a tradición festiva da noite do Samaín, o 31 de outubro, desde o ano 100 despois de Cristo.
O Samaín é unha tradición de ida e volta, pois hoxe celébrase en todo o mundo: en Norteamérica coñécese co nome do Día dos Mortos, en Europa igual, pero coas variantes do Halloween; en Asia chámase Festival de Obon, en Sudamérica, Kawsasqanchis, e en África, Baile dos Egungun. A festividade das ánimas de orixe celta viaxou a América polas sucesivas diásporas europeas e hoxe en día retorna ó vello continente envolta en consumo, películas, disfraces, historias de medo, etcétera.