«Espero que o premio sirva para poder estrear a obra»

Rocío García Martínez
rocío garcía A ESTRADA / LA VOZ

FIRMAS

PACO RODRÍGUEZ

O autor lamenta que pese á calidade do teatro galego moitos textos non chegan a estrearse nin a publicarse

17 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Santiago Cortegoso acaba de acadar o premio Mome de teatro Varela Buxán. Levou tamén o María Casares no 2012 e foi finalista dos premios Max.

-¿Cal é a receita?

-Como me dixo un mestre, o único segredo é sacar callo no cu. Hai que escribir, reescribir, corrixir, facer outra versión... Eu non teño callo porque me regalaron unha cadeira cómoda... Tamén hai que ler moito teatro, velo... Estar ó día.

-Fálase dunha explosión de autores galegos...

-Hai autores moi novos e boísimos. Outra cousa é chegar ó público. Moitos textos gañan premios pero non chegan a estrearse nin a publicarse siquiera.

-Vostede é actor e director ademáis de escritor ¿quere controlar todo o proceso?

-Fago o que podo. Comecei como actor e despois pasei á escrita e á dirección. O de ter compañía propia foi para poder producir obras propias, pero so pequenos espectáculos.

-¿En que terreo se sinte máis cómodo?

-É a pregunta do millón. O teatro é un feito moi complexo. Cantas máis facetas controles, mellor. Eu ata vou de técnico, e tamén me gusta. Ser actor apórtame moita sensibilidade para escribir pensando no actor e actuar sírveme moito á hora de escribir. Non quero escoller unha faceta. Agora mesmo, o que máis me apetece é dirixir, porque é o que menos fixen.

-¿De que fala a obra gañadora, Smoke on the water?

-É unha traxicomedia sórdida. É unha historia de amor con estructura de comedia, pero os personaxes son moi decadentes, xente maltratada pola vida, que está de volta de todo. O protagonista é un friki no bo sentido da palabra. Toda a súa vida se vén abaixo e refúxiase no rock. O título da obra é o dunha canción mítica de Deep Purple.

-¿Vaise estrear?

-Sería o obxectivo último e principal. Espero que o premio sirva de impulso para poder facelo. Para a nosa compañía é moi ambicioso. É unha obra de cinco actores, e iso é unha megaproducción, pero igual é a ocasión para dar un salto.

santiago cortegoso gañador do premio varela buxán