«A colección é unha base de debuxos de Laxeiro con cor»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

MARCOS MÍGUEZ

Obras de o «Marquesado da Romea» están colgadas no Café de Mili

10 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Antón Iglesias ábrenos a fiestra ao seu traballo e faino no centro da vila cunha serie pertencente á Colección do Marquesado da Romea.

-«Que non cho conten, tes que vela», ¿aconsellada a visita á mostra?

-Claro. Que todo o mundo pase a vela e opine. Son dezasete pezas: unhas oito están penduradas nas paredes e as outras están nas mesas do café. É unha colección que parte dos debuxos que facía Laxeiro en sanguina, lápiz e tinta china e, a primeira, puido verse en Rodeiro. A colección é unha base de debuxos de Laxeiro con cor. Tiven a ocorrencia que a partir de aí, dos traballos que fixo Laxeiro e tomándoos como base, aplicarlles cor. Ao lado de todos eles hai fichas orientativas nas que se poden ver os orixinais en pequenos tamaños que nos dan idea do proceso que se me ocorreu facer.

-¿Como xurde esta serie?

-A Colección do Marquesado da Romea parte dun libro que comprei sobre Laxeiro. Un amplo catálogo no que o 50 % da obra que o ilustraba eran debuxos do finado artista e, ao velos, pensei en facer esta colección pero póndolle cor. Tiña moitas gañas de facer unha obra que se chama «A vida», que é de gran formato feita en tinta china que está na Casa das Artes de Vigo, e que está colgada aquí no fondo do Café de Mili.

-Obras que estiveron con anterioridade en Rodeiro e que viaxaron agora ata Lalín...

-Chámolle segunda parte da colección ao ser a segunda vez que se expón pero se o collemos no tempo xa estariamos na terceira parte. Comecei a traballar nela no 2008. Ao ano seguinte non fixen nada sobre dita serie e logo voltei a sumerxirme na mesma. Para o público é a segunda colección. Non é un tema que vaia a deixar.

-¿Continuará percorrido expositivo coa mesma?

-Non hai nada previsto de momento. Non traballo exclusivamente nunha serie. Estou en 5 ou 6. Nunca estou cunha soa xa que me acaba consumindo. Fago series moi diferentes. Paso de cousas moi complicadas a outras máis sinxelas. Non me quero sentir abrumado polo que estou facendo. Son un artista ao que lle gusta ir de un lado para outro e explorar posibilidades.

antón iglesias artista lalinense