«Temos un alcalde defraudaror»

La Voz

FIRMAS

21 jul 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Para o voceiro do BNG, Xosé Manuel Fírvida, Barbadás leva dous anos de goberno marcados por escándalos en relación co patrimonio do alcalde. «O PP accedeu á alcaldía no ano 2011 coas mesmas promesas de hai 12 anos e todas elas seguen sen cumprirse», sinala. Así refírese ao polideportivo, en construción oito anos e sen inaugurar. «As piscinas seguen a ser as mesmas e ficaron pequenas para unha poboación de máis de 12.000 persoas reais vivindo no concello. Barbadás continúa sen recibir os servizos públicos demandados e hai que engadir a corrupción vinculada co crecemento urbanístico local», engade este voceiro. Fírvida denuncia: «Hai conivencia entre o Concello e os construtores desde moitos anos atrás». «A situación creada entorno ao alcalde de Barbadás provocou que tivese que dimitir como presidente do Inorde, mais non o fixo aínda como alcalde», sinala Fírvida, para quen Freire Couto é «un alcalde defraudador, que estivo varios anos defraudando a Facenda, que ten empresas inmobiliarias en Galicia e Portugal onde continúa a defraudar fuxindo con capital ao estranxeiro e oculta o seu patrimonio». O BNG lamenta a subida das taxas de lixo, IBI, actividades educativas organizadas polo Concello, as das escolas deportivas e todos os impostos públicos e prezos públicos, denuncia. Critica a inactividade dos seis de sete concelleiros que cobran dedicación e a modificación da área de reparto AR-10.