«Ferro vive de antigos proxectos»

La Voz

FIRMAS

04 jul 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

María Jesús Boo Montes, voceira do PSOE, di que nestes dous anos destacou a renuncia de Antonio Mouriño á alcaldía e o continuísmo de Ferro. «Hai mantemento de privilexios en contratacións, esquema de goberno, apoio á mancomunidade subindo a achega nunha media de 100 euros trimestrais sen preocuparse de que os servizos sociais non chegan a Celanova». Sinala que o alcalde non controla o gasto do Concello, que non rebaixa o seu soldo nen quita as dedicacións parciais. Denuncia a docilidade de Celanova ante a Xunta e a Deputación. «Este grupo municipal presentou varias mocións e o alcalde non cumpliu os acordos do pleno». As xuntas de goberno, segundo o PSOE, non teñen contido. «Hai cidadáns que nos fan chegar a queixa de que o alcalde non fai máis porque a oposición non o deixa. É rotundamente falso. El aprobou os seus orzamentos aproveitando un pleno no que tiña a maioría porque non tomara posesión un edil da oposición», sinala Boo. Engade que nestes dous anos non houbo plans novos nin creativos e que Ferro «vive de antigos proxectos, o discutido de Castromao, o alcantarillado de Gandarela, ou a autovía, do bipartito».