1. O seu mellor momento para a lectura. Polas tardes; e se chove ou vai frío, sentado en fronte da cheminea xa é ideal.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Por consello dun amigo. Se un autor me gustou, sigo lendo a súa obra. Desconfío dos best sellers.
3. Que lle achega a lectura? Ver como os autores crean (ou destrúen) mundos, realidades e personaxes ao seu antollo. Como se fosen deuses.
4. Os seus libros favoritos. Dune, de Frank Herbert; A arte da guerra, de Sun Tzu; O principiño, de Saint-Exupéry, e Cánticos de Hyperión, de Dan Simmons, entre outros.
5. Un xénero literario. Narrativa e poesía.
6. Un personaxe e un espazo literario. Miles Vorkosigan, e as dunas infinitas de Arrakis.
7. Que está a ler agora? El prisionero del cielo, de Ruíz Zafón, e o número 15 da revista lucense de creación poética Xistral.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Rosalía de Castro e Albert Camus.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Escoitar música, ir ao cine e pasear á beira da praia, ou polos montes veciños.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Rianxo e a ría de Arousa, dende o monte Lioira, coa saída do sol ás costas.