«Estamos cheos de moral e imos salvarnos»

José Francisco Alonso Quelle
J. ALONSO BURELA / LA VOZ

FIRMAS

Xurxo Rodríguez con seu pai, tamén peñista do Celta.
Xurxo Rodríguez con seu pai, tamén peñista do Celta. pepa losada< / span>

«Non temos ningún pique cos afeccionados do Depor, ao contrario»

31 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Xurxo Rodríguez preside a peña celtista de Burela, fundada no ano 1986 e que conta con uns 200 socios. Mañá deixará por unhas horas as festas da vila para desplazarse a Vigo e acudir ao encontro de Balaídos fronte ao Español. Con el estarán outros cinco peñistas de Burela. «¿Como o vexo? Pois moi complicado, como toda a temporada. Non nos chega con gañar o noso, que é vital porque senón xa descendemos automaticamente, senón que despois temos que esperar ao resultado do Coruña. Pero con un empate do Dépor nos chega. Xa se verá; tampouco o temos tan mal porque a Real Sociedade xoga moi ben e xógase moito», di.

-É optimista, pois.

-É que dende o partido do Mallorca eu xa tiña asimilado que o Celta ía descender e non pensaba que íamos a gañar ao Valladolid. Pero o fixemos e agora estamos cheos de moral. Imos salvarnos, claro que si. Dos tres que estamos no descenso, somos os que mellor estamos.

-¿Acertou o Celta ao botar a Herrera?

-O problema foi que non acertou con Abel. Perdeu moitos partidos intentando xogar a unha cousa que non sabíamos.

-O Dépor si acertou ao final.

-Acertou á terceira, con Fernando Vázquez, e porque colleu unha racha impresionante.

-Unha magoa, que pase o que pase baixe un galego.

-¿Hai pique entre afeccións?

-Dende que se fundou a peña deportivista de Burela, fai dous anos, cando chega o derbi xogamos un partido entre as peñas e despois vamos a tomar os viños. A relación é moi boa. Son xente nova, coma nós.

-¿Haberá festa se o Celta se mantén?

-Como estamos en festas en Burela, cada un o celebrará ao seu xeito. Retrasarémolo ata que fagamos a sardiñada de fin de temporada.