A LECTORA
1. O seu mellor momento para a lectura. Sempre procuro levar un libro no bolso. Na cola do banco, esperando a alguén nun bar, no recreo... Calquera momento é bo para ler.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Sigo os consellos da persoa que me contaxiou o amor pola literatura: meu irmán. Tamén os suplementos culturais, fisgar nas librerías...
3. Que lle achega a lectura? O gozo de saborear as palabras e de explorar ideas e sentimentos.
4. Os seus libros favoritos. Depende do momento. Ultimamente descubrín a Arto Paasilinna, un autor finlandés divertido ata as gargalladas.
5. Un xénero literario. Aínda que o paso moi ben coa poesía, o certo é que leo máis novelas e cómic.
6. Un personaxe e un espazo literario. Bartleby, de Stevenson, o antiheroe nihilista. E como espazo, Camelot, da lenda artúrica.
7. Que está a ler agora? La hija del Este, de Clara Usón, novela que escollemos para o club de lectura, mensual e aberto a quen queira participar.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. O meu favorito sempre foi Cunqueiro. E como veciño, Pessoa e todos os seus heterónimos.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Algo de deporte, saír cos amigos e disfrutar da música en directo nos locais de Ribeira. Ademais, as clases de pandeireta.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O faro de Corrubedo co mar batendo con forza. É o lugar ideal para unha novela gótica.