«Non estou aquí para gobernar sin presuposto nin estou apegado ó sillón»
FIRMAS
O alcalde do Valadouro somete os presupostos a unha cuestión de confianza
23 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.O alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela (PP) acaba de dar un golpe na mesa co seu anuncio de que vai someter os presupostos, que a oposición lle rexeitou de novo no pleno do venres pasado, a unha cuestión de confianza. Será na sesión extraordinaria que convocou para mañá, día 24, na que si outra vez máis lle botan por terra eses presupostos, a oposición ten un mes de prazo para presentar candidato e tentar de botalo do sillón da Alcaldía. De non facelo así, quedarían aprobados. A súa proposta sorprendeu aos outros tres partidos pola rapidez con que o prantexou, ao día seguinte de celebrarse o pleno onde os demais grupos llos tumbaron.
-Hai que di que garda vostede un as na manga.
-Ás na manga ningún. Estamos gobernando co presuposto prorrogado do 2009 e chegou o momento de aprobalo. Sen presupostos isto é ingobernable. Eu non estou aquí para gobernar desa maneira nin estou apegado ó sillón. Hoxe temos cousas distintas ás que había en 2009, que non teñen consignación e hai que andar con modificacións si se queren facer esas cousas. E iso non o permiten.
-Entre elas está o seu soldo
-Si, pero tamén a subvención da APA, o da calefacción, o do fútbol, que urxía, pero xa puxo reparo o secretario. Non é o meu soldo o que me preocupa, que si estou de alcalde de algo teño que vivir; eu si non estou aí terei que volver á miña empresa. O que non pode ser é que me teña poñendo reparos o secretario.
-Ou logra aprobalos ou pode entrar a oposición
-Non sei que vai pasar. Solución hai que darlla, a min así non me vale. Aquí o único problema é o do presuposto e é pena que isto non funcione, porque diñeiro hai; o Concello do Valadouro está saneado e tiña que funcionar ben. E si eles (pola oposición) teñen outra forma de facelo, adiante.